Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verdadeiras forzas vivas

viernes, 17 de abril de 2020
O das porcentaxes sen mencionar a base resulta nebuloso, pois non é o mesmo que a un xubilado de pensión minima lle suban o dous por cento, que esa porcentaxe aumente unha pensión máxima, que xa da para tomar unhas cañas. Por iso, no caso das pensións, os aumentos tiñan que ser lineais e non porcentuais.

Digo isto porque asalariados nosos, de Madrid, Santiago ou Lugo, prometeron doar o trinta por cento do soldo de abril para a loita contra o coronavirus quedando moi ben públicamente e consigo mesmos, pero déixandonos aos seus patróns sen saber canto é o que aportan realmente.

Sería bo que nos informaran da cifra doada, para poder amilagrarnos do aportado e comprobar o xenerosos que somos cos que traballan para nós, aceptando o donativo, pero mantendo a crenza básica de que todas as nosas entidades deben aplicar coa maior intensidade e dilixencia o seu poder económico nesta loita, podendo seguir o exemplo do Presidente Feijóo que puxo o orzamento da Xunta ao dispor das autoridades da pandemia.

Ánimo desexo a todos os confinados na cuncha que nos envolve como caracois, en rutina forzada que pode dominrnos e, afeitos á inmobilidade, ao remate vaiamos descubrir que o Síndrome de Estocolmo nos fai sentir raros en liberdade. E xa que despois o mundo non será o mesmo, comecemos por acreditar que se o maligno virus colleu co pe cambiado aos altos responsables do país, os médicos, enfermeiros, policías, militares, obreiros, carniceiros…-con todas as versións femeninas, claro está- son as verdadeiras forzas vivas do país, aínda que non doen parte do seu merecido soldo, pois empregan a súa vida no empeño.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES