Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Cantar por cantar

viernes, 01 de mayo de 2020
Canto por cantar, pero non sei cantar. Xa mo dicía miña nai. Aínda que, hoxe en día, parece que canta todo o mundo. Todos saben cantar. Desde un “resistiré” ata un “libre” e pasando incluso por unha rancheira. Eu cantaba moito de pequeno, de rapaz, de cando ía para o monte coas vacas. Por iso a nai me dicía que non sabía cantar. Porque me tiña que aturar sempre. Andabamos Pingas de Orballo: Cantar por cantarsementando nas patacas e eu dálle que dálle con Camilo Sesto ou Víctor Manuel. Andabamos xuntando na herba ou collendo a ferraia e eu veña que veña con Karina ou “A saia da Carolina”. Ó volver á casa coas vacas desde o monte Medo, a uns tres quilómetros, aquilo xa era un puro concerto ó aire libre. Percorrer tres mil metros ó paso das vacas dan para moitas cancións. Claro que eses concertos, principalmente os do Medo, non sei agora mesmo se era polo gusto de cantar ou por escorrentar o medo. Porque a miña fama, o meu gusto era chegar canto máis tarde á casa, mellor. Por presumir un pouco. Aínda que me cagase de medo. E entraba en Baños de Molgas, pola Cagalla, a pleno pulmón e con risco de espertar xa a aqueles veciños que se deitaban coas pitas. De rapaz cantaba moito, sen vergoña. Agora o rubor non me deixa porque lle dou a razón á miña nai: non sei cantar. E cantar por cantar tampouco é. Aínda que algúns canten hoxe a esgalla. Que digo algúns... moitos! Tamén é verdade que é moito mellor cantar que chorar. Aínda que se cante mal. E se cantamos para aliviar as penas, ben cantado está e ben cantado queda. Cantemos todos.

Os títulos de crédito

Estes días de confinamento estou cansado de esbardallar e criticar, tanto por escrito como oralmente, as proxeccións das canles televisivas, debido a que, cinematograficamente falando, non emiten nada que mereza a pena de ver. Polo menos polas noites Pingas de Orballo: Cantar por cantar(e vexo tele ata as tres ou catro da madrugada). Todo o que botan, ou ben son trapalladas que algunhas incluso nin merecen este nome, que xa é dicir, ou ben repiten e repiten películas un día detrás doutro. Eu en concreto estou desesperado, xa que todas as noites é o único instante no que vexo a televisión e, por suposto, películas. Algunhas xa as vin ata oito ou nove veces.
A gran pena é que a única canle que me está gustando bote tan poucas e as que bota... tampouco son nada do outro mundo. Falo de DMAX (ex Discovery Max). É a única que proxecta todas as películas desde o primeiro ata o último fotograma. Ou sexa, que deixa ver todos os títulos de crédito finais! Para moitos, isto será unha parvada; pero a estes dígolles que se os viran e os leran enteiros, máis dunha vez atoparíanse con certas sorpresas; e non porque boten algunha escena máis ó rematar os créditos, senón polo descubrimento de datos moi interesantes: lugares de rodaxe, temas musicais que soaron durante o filme, etc. Que alguén vexa “O ano que vivimos perigosamente” e que se quede ós títulos de créditos, aínda que só sexa, ós dos intérpretes e verá que descubrimento fai. Nesa película caín na conta do que poden amosar e ensinar os títulos de crédito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES