Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O acordeón da felicidade

miércoles, 29 de abril de 2020
Tiro a fouce e collo o fouciño para seguir polo camiño do tempo perdido. Tempo que se perdía entre toxeiras bravas e carballeiras bastas. Tempos de ir e volver. Tempos de non parar. Tempos de cando as nubes negras asomaban polo Outeiro do Corno e de Pingas de Orballo: O acordeón da felicidadecando o sol acougaba sobre os penedos de Barricobos. De cando un asubío tiña os seus significados e de cando a escuridade espremía a heroicidade de cada un. Non é o mesmo asubiarlle a un can que asubiarlle a alguén ou asubiar unha canción. Algúns tanguían as vacas moito máis cedo ca outros. Habíaos que chegaban á casa sen ver ben todos os animais que levara a pacer. Tempos de cando a diferenza de clases era abismal e de cando a vergonza che facía agachar a cabeza. Tempos de xogar ó fútbol na Carballeira e ó marro ou ás chelas pola Aira da Igrexa. A portería eran dous carballos vellos e a pelota... a pelota o que se terzase; ou ben unha de trapos mal envoltos ou un bote medio esmagado. Tempos nos que unha eixada che facía pingar suor da cara e nos que unha gadaña che cravaba dores no peito. Tempos de miseria. Pero, aínda así, a felicidade facía de acordeón na vida dun neno; tan ben parolabas ante o mazadoiro da burga como cargabas un carro de esterco sen case poder co rastro, tan ben fumabas ás escondidas como improvisabas un xogo no medio da estrada. Eran tempos nos que os coches pasaban de Pascuas a Ramos e a diversión era a raíña do pouco tempo libre que se tiña. O acordeón da felicidade.

Ansiedade lectora

E agora que? Todos os libros que pillei en préstamo da biblioteca da Valenzá xa os lin. E este asunto do coronavirus leva toda a pinta de prorrogarse aínda máis, polo que alá nos imos ós dous meses de encerro. E se non mes lin cinco libros, agora que? Porque, a min, ler dixitalmente non me vai, non me cadra, nun me gusta. Menos mal que acabo de rebuscar por uns estantes que Pingas de Orballo: O acordeón da felicidadeteño no salón e atopeime con tres fotocopiados. O de estar fotocopiados vén porque hai anos alguén mos mandara por correo electrónico. Pero só son tres. Ó rematalos, tan só me quedan dúas opcións: ou ben trago fel e leo algún dixitalmente, ou ben subo ó faiado e, alí, entre as cento e pico caixas que teño cheas de libros, reler algún ou algúns. Si, xa sei que podo mercar algún nos quioscos, pero serían algúns e a economía anda como anda. As bibliotecas, nestes casos, deberían deixar traer carretillas de libros para as casas, para os que estamos lendo todo o día. Mira que intentei alongar os últimos dous libros á conta do trivial. Entre capítulo e capítulo xogaba ó trivial para que a lectura do libro me levase máis tempo. Se non fora por iso xa os remataría polo menos unha semana antes. E iso que practicamente tan só leo polas tardes, xa que polas mañás entre que me levanto tarde (nunca antes das dez e media) e entre que leo este xornal, case non abro o libro; ou como moito un capítulo mentres serve o xantar. Pero este encerro por culpa dese bicho malnacido é longo de carallo. Empezo a padecer ansiedade pola falta de libros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES