Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medio século de Gran Suarna

jueves, 27 de marzo de 2008
Na montaña lucense, Navia de Suarna, de difícil xeografía, riquísimas troitas, unha ponte monumental emblemática, e un grupo humano que leva máis de medio século temendo que a auga caiga sobre as súas cabezas.

Porque a Administración – así en xeral, en con mayúscula- fixouse en Navia de Suarna e o seu contorno, nos altos montes que a rodean, para facer un daqueles embalses tan de moda nos anos cincuenta e sesenta, que eclipsaría ós existentes no país, polo que a priori recibiu nome que simbolizase o seu xigantismo: Gran Suarna.

Navia de Suarna, vila e concello, souberon hai medio século que calquer investimento, construcción, negocio, proxecto que se afrontase naquela terra podería estar abocado á desaparición se se levaba adiante o proxecto, contestado fortemente desde o comezo sendo xa míticas as concentracións sindicais e populares celebradas contra o embalse.

Cincuenta e seis anos despois de que se aprobase a concesión do encoro, as cousas seguen igual. Navia segue a agardar, e a empresa volve ó proxecto pensando que moi posiblemente as forzas de resistencia vaian a menos e os afectados acabarán por conformarse co seu destino, especialmente nun tempo coma este no que a enerxía é un deus conflictivo ó que se adora por riba de calquera outro.

Nesto que Pérez Touriño anuncia no Parlamento que a Xunta se opón ó Gran Suarna, e así o vai facer constar diante do goberno central e promete colaborar a que a pantasma deste encoro deixe de planear por riba das xentes naviegas.

Medio século é demasiado tempo para que unha terra e unhas xentes teman ser asulagadas. É hora dunha solución definitiva a un problema no que os afectados están ó límite das súas forzas, e poden claudicar en calquera momento se non atopan –como parece que van atopar- apoio oficial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania