Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portugal

jueves, 16 de abril de 2020
Portugal Nestes días de zozobra infinda un está pendente das novas referidas a esta “oitava plaga” invasora que dou ao traste con tantos proxectos, desexando escoitar nesas informacións cousas coherentes, sensatas respecto á xestión deste tremendo problema.

E nesa voráxine de informes hai de todo: somos tamén omnívoros no que a noticias se refire e xa que logo é preciso andar na procura de acadar unha boa dixestión asimilando os productos máis axeitados para nosa saúde mental.

Portugal, o noso veciño, está dando ao mundo un exemplo de sensatez, de seriedade e ponderación nisto da xestión do covid-19. Claro, un pode dicir que Portugal ten a quinta parte de habitantes que España e iso podería influír na facilidade da xestión. Pode ser, pero non van os tiros por aí, van polo talante político amosado para abordar da mellor maneira posible esta crises sen parangón na nosa historia máis recente.

O talante amosado pola oposición no país veciño non resiste comparación respecto a como responde a oposición aquí. Baste recoller este parágrafo do discurso do lider da oposición Rui Rio ( na foto) : “ Señor ministro, conte coa nosa colaboración. Axudaremos en todo o que poidamos. Deséxolle coraxe, nervos de aceiro e moita sorte porque a súa sorte é a nosa sorte”.

É unha colaboración incondicional, unha verdadeira mostra de patriotismo, de sentido da responsabilidade política dun opositor que antepón o interese xeral do seu país ás conveniencias políticas do seu partido. A min dáme unha envexa tremenda.

Aquí a oposición, xa faltáballes tempo, anda criticando a xestión, ofrecendo colaboración si pero a cambio de condicións e pedindo dimisións e control ao goberno aínda que esteamos en periodo de confinamento. Esperan acochados na escuridade a saír deste desastre social e sanitario para apuntarse á esperada e desexada victoria. Non se dan conta, a diferencia de Portugal, que deste desastre ou saimos todos xuntos ou non saímos. Nunca mellor empregado agora aquel eslogan:Spain is diferent.

Posiblemente, cando todo isto remate, as cousas non volverán a ser como eran. Teremos que acostumarnos a non mirar só ao noso embigo, a entender que formamos parte dunha colectividade chamada humanidade da que todos dependemos de todos para ben e para mal . Virán máis epidemias, seguro. O “sálvese quen poida” non serve e deberemos axudar a quen non poida con solidariedade, entendendo que ésta non consiste en dar o que nos sobra senón en compartir o que temos en casos de extrema necesidade como é este ( tomen nota Holanda e Alemania).

E paciencia meus amigos que consiste en ter calma e tranquilidade para esperar pero nestes casos é moi importante saber xestionar axeitadamente esta espera. Pois iso.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES