Requiem por John Balan
Fernández, Suso - miércoles, 26 de marzo de 2008
Se decimos ós nosos lectores que imos a falar de Manuel Outeda posiblemente o consideren alguen descoñecido, e que polo tanto non esperta interese algún, a pesares de que se trata dun dos galegos mais singulares e mais populares da segunda metade do século pasado; daí que se aclaramos que tal nome corresponde a Balán, o home orquestra ou a John Balan, de fondas resoancias do Far-West americano, entón é seguro que está de volta da personalidade do noso protagonista.
Balán, actor, cantante e bohemio, acaba de finar ós 74 anos de idade en Pontevedra.
Pillárano de cheo os mais miserentos anos deste país, o que en ocasións o obrigou a camiñar descalzo cos zapatos baixo o brazo, para actuar; pero a falta de recursos non chegou nunca a quebrantar un espíritu artístico que se nutría dos aplausos que é o mais importante, algo espontáneo, unha ledicia que dura casi toda a vida e queda no corazón, decía il.
Balán espallou a súa arte singular por toda Galicia, e tamén fora dela. Este cronista lembra cómo alá polos anos sesenta o seu nome figuraba con grandes caracteres na fachada do teatro Calderón madrileño; participou en programas da TV, como o de José María Iñigo ou Jesús Quintero e actuou con Juanito Navarro ou Fernando Esteso. Gracias á televisión viu realizado o soño da súa vida: sobrevoar en helicóptero a cidade de Manhattan, en Nova Iork: non esperaba chegar a tanto, ten declarado.
Cantante melódico, todo o acompañamento osquestral era a súa voz prodixiosa coa que imitaba os distintos instrumentos, e unha porta que coas mans facía soar como percusión. O seu repertorio comezaba por No te sueltes la melena, seguía coas mais románticas cantigas ou representaba pequenas pezas teatrais das que era autor: ¿Quién comió las peras del cementerio? ou Calzoncillos de manga larga.
Sen abandonar a súa característica personalidade, o artista viviu unha metamorfose que o convirtíu en John Balan, personaxe arquetípo do oeste americano: sombreiro vaquero, pano ó pescozo, insignia de sheriff e pistola forrada de zinc O xenial marinense, que descoñecía o idioma, era capaz de manter unha conversa en inglés porque, como alguen dixo o inglés de John Balan non é deste mundo. Naceo e bebeo nas vellas tabernas do oeste e entre os traballadores do porto de Neetwark.
A longa e orixinal traxectoria artística de Balán viuse truncada por problemas de saúde.
Unha trombose mermou as capacidades do actor-cantor que con deficiente mobilidade houbo de internarse no asilo de Pontevedra, onde o concello daquela cidade hai un par de anos ofreceulle unha homenaxe de recoñecemento a quen, como se dixo no mesmo, alegrou a vida durante moito tempo a moita xente.
Os medios de comunicación fixéronse eco do mesmo e un deles -as páxinas galegas de El País- publicaba unha semblanza do artista que declaraba: ...nunca me pagaron mais de 30.000 pesetas, salvo en Foz, onde me deron 85.000; aínda que moitas veces traballei gratis.
Balán actuou en Foz en tres ocasións: na pista Bahía, nos Carnavais do ano sesenta; en xaneiro de 1989, con motivo do festival de entrega do premio de un millón de pesetas, da campaña de Nadal da A.C.I.A. Presentara o mesmo Fidel Fernan. Con Balán actuaran a Orquestra Variedades; o dúo Los Brillantes de Lugo e o grupo folk. Solpor, o primeiro do que formou parte a focega Uxía Pedreira, hoxe con tanto renome no mundo da música.
A terceira estancia focega fora polo San Lourenzo do ano 1991.
O focense Saros, amigo do artista, dedicoulle unha poesía que comeza así: Chamábase John Balan / era o home orquestra / e como todos chufaban / él só facía unha festa.
Bohemio, altruista, xeneroso, sentimental e desprendido perdurará na lembranza agarimosa quen coma il prevaleceo toda a vida na mais candorosa magninimidade.
Resoan no ar as notas da Balada de John Balan que lle dedicou Luis Queimada
Descanse en paz o vello amigo.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora