Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A constancia ten premio

jueves, 16 de abril de 2020
¿Cantas veces nos pasa que intentamos facer unha cousa e non conseguimos os nosos obxectivos?
A min, moitas veces.

Aínda lembro unha experiencia infantil que me deu moito que facer:
“Foi aprender a mecánica da división”.
Naqueles tempos, -naqueles lonxanos tempos- eu asistía a unha escola mixta, situado nun lugar moi remoto, con cincuenta alumnos nunha aula asistidos por mestras interinas que cambiaban de cada dous por tres e tampouco debían sentirse moi motivadas naquel ambiente.

Loxicamente, as pobres mestras non daban atendido debidamente a tanta criatura a centrábanse principalmente nos maiores que xa lles quedaba pouco tempo de escola.
Os máis pequechos iamos aprendendo dos maiores daquela maneira…
Pero “aquela maneira” non era pedagoxicamente a correcta.

No meu caso:
Eu desexaba vehementemente aprender a dividir; pero non había ninguén que me soubera ensinar pedagoxicamente e sufría moito.
Sufría tanto que despertaba pola noite e poñíame a facer contas co dedo na parede que tiña pegada á cama onde durmía.

Os meus intentos non tiñán éxito ningún; pero os meus desexos de aprender a mecánica da división seguían” en pé de guerra”.

Andando o tempo, a miña constancia tivo premio: un día encontrei cunha rapaza (estudiante de maxisterio) que me explicou detidamente a mecánica da división e resolvín o problema.

¿Qué quero dicir con todo esto?
QUE SEGURAMENTE MOITOS ESTUDIANTES MOI APLICADOS ESTARÁN TENDO SEGÚN QUE DIFICULTADES NESTES MOMENTOS NOS QUE ESTÁN SENDO ATENDIDOS TELEMATICAMENTE E –seguramente – BOTARÁN EN FALTA A PRESENZA FÍSICA DOS PROFESORES PARA RESOLVER MOITAS DÚBIDAS.
¡FELICES OS QUE TEÑEN CONSTANCIA!
Un día ou outro encontrarán a solución que buscan con veemencia neste delicado momento de confinación obrigatoria.

Tamén o profesorado está sufrindo porque bota en falta a presenza física do alumnado.
ESTAMOS SUFRINDO TODOS

Moi mal o están pasando:
-As persoas que teñen pendiente unha intervención cirúrxica.
-As que están desexando poder abrir o seu negocio.
-As que queren conserva-lo posto de traballo.
-As que desexan abrazar fisicamente ás persoas queridas.
-As que están curándose do coronavirurus.
-As que están agonizando na soidade.
-As que…

TODO O UNIVERSO ESTÁ ESPERANDO PODER REANUDAR A VIDA NOMAL; pero de momento a constancia, a esperanza e a paciencia son máis necesarias que nunca.

Hai un refrán que di:
“Non hai mal que por ben non veña”
Porque OS PROBLEMAS DA VIDA PREPÁRANNOS PARA DARLLES A SOLUCIÓN AXEITADA, sempre e cando non perdamos de vista a constancia.

Na pandemia que estamos sufrindo ou expostos a sufrir:
Moitas persoas son víctimas do pánico.
Certo que ninguén quere morrer; pero non hai que adiantar acontecementos.
Coidarse e tomar tódalas precaucións posibles, si; pero o resto xa non está nas nosas mans.

Ese “bicho” é moi fino e pode meterse nas nosas vidas por onde menos sospeitamos e cando menos esperamos.

DEBEMOS SER CONSTANTES EN CUMPRIR AS NORMAS, MANTE-LA ESPERANZA E CONFIAR QUE SAIREMOS BEN DESTA IGUAL QUE SAÍMOS DOUTRAS MOITAS.

Constantes en “tomar conciencia da gravidade do problema”, si; pero morrer do susto, non.

“¡QUEN DIXO MEDO!”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa constancia no cumprimento das normas e moitas grazas pola súa consideración comigo nesta ocasió
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES