Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O coronavirus en Ourense

viernes, 10 de abril de 2020
Eu temía que esta pandemia podía ser anuncio de algo máis gordo, pero non agardaba sinal tan claro e potente como un que ven de Ourense. Alguén terá que investigalo.

Recibo comunicado da Axencia municipal de noticias ourensá que informa de que na rúa Bernardo González Cachamuiña daquela cidade un grupo de veciños fai percorrer de fiestra a fiestra unha pequena carroza voante da Virxe, que colleita vivas de todos os que presencian a procesión, da que mandan unha grabación de oito minutos coa música que Serrat lle puxo á Saeta de don Antonio Machado.

Pero a Axencia informa que o que comezou co xa de moda “Resistiré”, foise “estirando” para dar cabida á Macarena (o tan fervorosamente mariano de “Dale a tu cuerpo alegría, Macarena), a “Cabritiña” (“eu gosto de mamar / nos peitos da cabritiña./ Mamo á hora que eu quero / porque a cabrita é miña”), “El gallo” (“quién pudiera tener la dicha que tiene el gallo / el gallo sube./ Echa su polvorete,/racatapúm chimpúm y se sacude”), e “Xuntos”, de Juan Pardo.

Segundo a Axencia municipal de noticias de Ourense, “comentan los organizadores que se les pone la pie de gallina cuando ven la gran acogida que ha tenido esta idea entre los vecinos, principalmente los mayores, sobre todo el fervor con el que suenan los VIVAS a la Virgen”.

Como mínimo, son danos colaterais desta pandemia que, digan o que digan os técnicos, non só afecta ao aparato respiratorio senón tamén ao cerebro.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES