Tratantes de vellos
Rodríguez Cabanas, M. Francisca - lunes, 13 de abril de 2020
Ó igual que moitos galegos, os 600 mensuais que cobro da agraria non me chegan para unha plaza nunha residencia de vellos. Fan falla sobre 2000. Eso é fruto das políticas sociais de xente coma Núñez Feijoo e Beatriz Mato.
Co seu afán privatizador (externalizar din eles) conseguiron que , durante esta pandemia, moitos dos nosos maiores pasaran un final da súa vida amargo como nunca imaxinaron.
Os xeriáticos que a Xunta de Galicia vendeu a empresarios amigos e fondos de inversión son auténticas rateiras donde se amorean residentes sin distinción de mortos ou vivos. E iso a pesar dos esforzos dun persoal, desbordado e en precario ( es el mercado, amigo ), que fai o imposible para que as últimas horas dos nosos anciáns non sexan un auténtico film de terror.
Na imaxe da ignonimia queda a Xunta de Galicia premiando a Josefina Fernández, máxima responsable de Domus Vi. Ou o PP defendendo (e manténdolle a medalla Castelao) a Benigno Moure, presidente da Fundación San Rosendo, condeado a 5 anos de cadea por quedarse con 573.673 euros e 60 propiedades dunha residente con alzheimer.
Botaranlle a culpa ó coronavirus pero a vida da xente que levantou o país e nos deixou todo o que temos non pode deixarse nas mans de fondos buitre. Os seus cuidados e atencións non poden ser un negocio.
Se queren gañar cartos que fagan como Beatriz Mato, que acaba de fichar por Grenalia. Unha empresa de biomasa que xestiona o refugallo do monte. Experiencia tena. Leva toda a súa traxectoria política convertindo as vidas de nenos con problemas e personas anciáns en auténtico refugallo.

Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora