Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

600 €

miércoles, 26 de marzo de 2008
¿Qué se pode facer con 600€ ó mes?

A resposta, está moi clara: vivir ou malvivir.

Porque nesta Galicia nosa que ten enfilado un futuro de progreso imparable, cara ó que se dirixe a toda velocidade, a pensión media non chega ós 600 euros mensuais, senón que se queda en 595,59€.

En pensións, Galicia ocupa o último lugar das comunidades españolas, detrás de Extremadura e Murcia. A cifra é miserenta, e da dolor comparala coa media española - que tamén é unha miseria- de 713€.

A realidade está ahí: Son a cuarta parte da poboación galega os xubilados que teñen pensións que non permiten chegar a fin de mes. E dentro da miseria galega, está primeiro a Coruña con 629 euros, seguida de Pontevedra con 625, logo Lugo con 533 e por fin Ourense con 525€ mensuais de promedio.

E por riba temos sempre a espada de Damocles do risco de que as pensións teñen no futuro se a Seguridade Social non da cumprido o seu papel de pagador. Pois menuda sociedade somos e temos se aínda se nos pon medo co posible futuro dentro da miseria.

¿Que que se pode facer con algo menos de 600€ ó mes?. Malvivir de xeito vergoñento ou rebelarse. O día que os setecentos seis mil pensionistas galegos se poñan en marcha -os labregos están en pé de guerra con menos motivo- os nosos gobernantes solucionarán o problema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania