Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

#enredeversos / Festival de Poesía en Rede

sábado, 11 de abril de 2020
#enredeversos é o Festival de Poesía en Rede de recitais on line que organiza a NPG Nova Poesia Guitirica coa participación de poetas amig@s e de agrupacións poéticas de base, como Versos de Area de Ponteareas, Moraima da comarca de Ferrol, In Nave Cívitas- colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Nómades do Verso-Colectivo Antón #enredeversos / Festival de Poesía en RedeBorrazás da Coruña, Irmandade Poética e Artística Luso-Galaica de Chantada e Poesía Galega Ceibe da Costa da Morte.

Coincidindo co confinamento pola pandémia do COVID19, temos organizado entre o 16 de Abril e o 1 de Maio (incluídos) recitais de 50 poetas que intervirán EN DIRECTO dende o facebook da Nova Poesia Guitirica NPG. Cada día dende o 16 de Abril en tres quendas diárias ás 18:00, ás 20:00 e ás 22:00, medio cento de poetas tomarán a palabra para contribuir a facer máis levadeiro o confinamento.

#enredeversos é unha proposta poética con unha grande participación na que poetas de diversos lugares de Galiza e de diversas agrupacións poéticas de base se implican cos seus versos para aportar a outras alternativas de ocio e cultura coincidindo coa pandemia do coronavirus.

Un festival on line sin precedentes en Galiza en canto á participación que pon a poesía ao servizo da sociedade a través dos versos de 50 poetas de diferentes lugares do país. As intervencións, despois do directo, serán distribuidas polas redes das diferentes agrupacións poéticas que participan deste festival.

*Cadro das intervencións en directo.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES