Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O demo é Podemos

lunes, 13 de abril de 2020
A un Home que coñocín en Ribadeo, cuio nome non me deu tempo de saber, e que me pedía que escribira en galego. Aí lle vai, con agarimo.

O 15-M supuxo en España unha enorme explosión dun malestar xuvenil derivado das escasas e pésimas condicións laborais para a maioría da xuventude. Xente que, chegada isa etapa da vida, non atopaba un traballo, sexa ou non acorde coa súa preparación, alomenos cun mínimo de estabilidade e cun soldo có que poidera vivir. Ata había -¡cómo no!- explotadores, eufemísticamente chamados empresarios, para os que había que traballar gratis. Isa era a oferta. Cousas diste bárbaro sistema.

Como reacción diso, producíronse dous fenómenos que coido resultaron lóxicos: A masiva emigración da xente nova e a aparición dunha nova formación política cun grupo chamado Unidos Podemos.

Como non podía ser de outra maneira, e coñocendo o tergal que se corta en España, os grupos de presión económica, sempre teimosos do seu patrimonio, artellaron e artellan miles de maniobras de despretixio dista xente nova á que veñen acusando de populistas, comunistas, marxistas, chavistas, bolivarianos… de estaren pagados por Nicolás Maduro, o presidente venezolano, e moitas cousas parecidas.

Se todos istes que os acusan de ilegalidades demostraran nos xuzgados as acusacións de estes rapaces, é de supoñer que os xuices tomarían as medidas axeitadas para correxir as ilegalidades e, non embargantes, eles preséntanse as eleccións e quitan unha morea de votos. Iso é o que eu vexo certo.

E acó cómpre salientar que é necesario correxir un defecto moi acentuado en España como o que son os carnés de españolidade.

É moi dado na nosa convivencia ver coma algúns se adican a dar clases de patriotismo a establecer categorías de españois. A poucos se lle olvidan os tirantes de Fraga cos colores da bandeira nacional, moda que se extendeu á xentes da dereita, e que usan sen reparo algúns. Misturar as cousas conleva que xentes, non só de oscuro pasado, senón delicuentes, poidan seren confundidos con persoas respetables. Por iso cómpre termar con isas cousas. Porque a verdadeira patria levaa cada un no seu corazón. Non é cuestión de bandeiras. É cuestión de amor.

Que saibamos, as xentes de Podemos son tan españois coma os máis, gustenos ou non. Outra cousa é que as ideas de un coincidan ou non coas deles.

Non vou acó escribir un panexírico de Podemos, porque como ben saben os lectores non son militante de ningún partido. Só creo que cada un é libre de pensar á súa maneira e por iso vou defender o seu dereito a ser respetado. E a máis, gostaríame dicirlle a quen artellan tántos bulos, falsedades e desinformacións, feitas a posta para despretixialos, que isa maneira de proceder resulta ruín, cativa e de xente de escasa catadura moral.

Sempre gostei de que a xente nova se implique no seu porvir. Sempre rexeitei a comodidade e o pasotismo e a falta de implicación en movementos solidadarios.

Agradecín e agradecerei sempre que haxa xente altruista capaz de entregarse a causas civicas os seus esforzos… por iso, cando xurdíu Podemos, desde a miña distancia de vello observador, crín que cómpre. Crín e creo que España necesitaba unha forza que loitara por isa xuventude explotada, maltratada, obrigada á emigración e incomprendida pola maioría, moi mal afeita á brutalidade dalgúns maiores que, cun realismo víctimista, cercenaban toda-la ilusións. E para isa loita a xuventude necesitaba vieros de expresión das súas inquedanzas.

Cecais iso fixo que o 15 M se trocara en Podemos para gusto duns e disgusto de outros.

Como non podía ser doutra maneira, non fixo falta explicarlles moito do que pasaba porque o vivían no propio pelexo. Iles comprobaron o que estábamos a consentirlles ós corruptos, ás eléctricas, as grandes empresas, os bancos, os paraísos fiscais, as grandes fortunas… E tamén viron o paro, a precariedade laboral, as reformas, os recortes en sanidade, no ensino público, nas políticas sociais… E, sobre todo, o desequilibrio económico entre grandes potentados e nenossen comida. E iso pasaba e pasa aínda hoxe.

Do seu programa politico falan eles e das súas actucións tamén son responsabes.

Certamente, como xente nova que son, creo que moitas das súas ideas son utopías, pero a loita polos soños é unha constante do ser humano. A mín paréceme imposible rematar cós paraísos fiscales, por exemplo, pero sigo loitando por isa utopía. E outras.

O que non me parece de recibo, e me resulta noxento, son os montadores de estas historias de desprestixios, bulos e outras falsedades. Certo é que hai moita xente dispar e enemiga das súas ideas, sin embargo, a mín o que máís me molesta é que haxa periodistas, persoas que deberan ser ecuánimes, ponderadas, equidistantes… que, por servicio ó señor de turno, sexan bancos, grandes empresas ou similares, acepten estas servidumes de despelexar ós máis sen outro criterio que pagar o tributo de vivir ben. ¿E qué lles queda a vostedes de amor a verdade, da rigurosa información, da dignidade? Pensoque nada.

Xa dixen moitas veces que non son de ningún partido, pero cómpre ser respetuoso. ¿Non sí?
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES