Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aute: vivir de paso

miércoles, 15 de abril de 2020
Vaia ano levamos entre a fin do 2019 e o principio do 2020. Desta volta, non falo do bicho que xa sabemos as feridas que nos está abrindo como sociedade co seu feroz gume. Van alá moitos cantores que constituíron unha referencia transxeracional: Rafael Amor, José Mario Branco, Alberto Cortez, Pedro Barroso e, esta semana, a bicha veu Luis Eduardo Aute.

Eu quero pensar que alá, no paraíso andan argallando algo ben gordo para mandarnos unha chuvia de rabia (como dixo Celso Emilio, paciencia xa temos abondo) e darlle a volta a todo isto de xeito colectivo.

En todo caso, foise un dos mellores, un artista integral e integro que tocou todos os paus artísticos de xeito orixinal, único e irrepetible. Aute dominou a linguaxe poética e musical, acompañándoa de imaxes que nos transubstanciaban ao cerne da nosa propia humanidade. Aute sabía adorar os instintos máis humanos e facelos beleza pura. Por iso, saber que se foi torna o mundo un pouco máis triste, quizais porque os seus ollos abrían os nosos a xenialidades que soamente Aute era quen de imaxinar.

Agardo que fiquen con nós os seus “Giralunas”, as súas “albas de liberdade”, o seu erotismo sen flores nin trampas, a beleza que medrou por el como unha árbore sempre compartida e ese xeito de ser fantasticamente real para ser realmente fantástico.

Cando se vai un xenio así, faise un silencio que estremece, mesmo pensas nos tambores da fin do mundo e chégache a parecer que “anda solto satanás”. Non en tanto, hai que pensar naquelo que dicía Borges de que, ás veces, os xenios fanse os mortos. Polo tanto, igual Aute segue con nós e en nós vivindo de paso que vivimos.

Nós, nel e na súa música seguímonos soñando preto da utopía, vivindo sen parar nun inconformismo que nos leve a novas albas de luz. Non imos sos, Aute e tantos outros fannos compañíae arrédannos do silencio poñéndolle banda sonora á liberdade. Un concerto de cantores de auga fresca vai con nós para lembrarnos que “vivir é dereito e deber e que non podemos claudicar na obriga de facer o mundo mellor”

Que a terra lle sea leve e que o merlo non pare de cantar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES