Forzas renovadas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de abril de 2020
Nunca se sabe o que se pode aguantar ata que nos vemos no caso.
Por eso hai quen di:
Que Deus non nos mande o que podemos aguantar
Realmente Deus non nos manda ningún mal porque Deus é todo AMOR e só sabe AMAR.
PERO A REALIDADE DA VIDA DINOS QUE TEMOS QUE SUPERAR MOITAS PROBAS A TÓDALAS IDADES, EN TÓDOLOS LUGARES E EN DIVERSAS CIRCUNSTANCIAS.
As persoas ímonos entrenando pouco a pouco para as probas da vida desde a infancia.
Por eso as familias que se esmeran en educar ós seus pupilos habitúanos a sacrificarse empezando por cousas pequenas.
-Privarse de lambetadas unhas veces.
-Regalar xoguetes moi queridos, outras.
-Madrugar para ir á escola ou á misa os domingos.
-Aguantarse sen móbil ata certa idade.
-Privarse de moto ou de coche mentres non o necesita ou non gaña para el.
-Saber cociñar, lavar, coser unha bastilla, pasar o ferro, limpar a casa.
-Coidar enfermos e anciáns.
-Etc, etc.
Tamén teño oído a pais dicirlles ós fillos que a vida é dura
Se a vida é dura xa na infancia; CANTO MÁIS SE VAI SUBINDO CRONOLOXICAMENTE; MÁIS DURA SE VAI POÑENDO.
Eso: sabémolo todos por propia experiencia conforme vai pasando o tempo.
A VIDA É DURA EN CONDICIÓNS NORMAIS; PERO CANDO AS CONDICIÓNS SON ADVERSAS: MOITO MÁIS.
Ninguén pon en dúbida que, nestes últimos tempos, a situación púxose aínda máis dura.
Púxose máis dura non só a nivel individual, ou a nivel familiar, ou a nivel dun país en particular.
PÚXOSE MOI DURA A NIVEL MUNDIAL E ATACOUNOS POR ONDE MÁIS NOS DOE: A SAÚDE, A VIDA.
¡E cando menos o esperábamos!
O QUE ESTAMOS PADECENDO SABÉMOLO TODOS E COMO ESTAMOS REACCIONANDO, TAMÉN:
¿Por qué?
Porque renovamos as forzas cada día e observamos:
-¡O valentes que son as criaturiñas para aguantarse na casa tanto tempo!
-¡Canto agudizan o inxenio os proxenitores para manter a familia en harmonía!
-¡Canto sofren os avós que non poden ve-los netos; como se non tiveran abondo cos achaques propios da súa idade!
-¡Cantas pasan as persoas que teñen problemas para volver á súa terra natal e non poden polo cerramento de fronteiras!
-¡Canto sofren tantas e tantas persoas para abastecernos de alimentos, medicina e servizos básicos!
-¡Canto valor precisan as persoas que están fronte ó público obrigatoriamente e que a veces non garda os protocolos de seguridade!
-¡Canto traballa o personal sanitario e o de limpeza!
(Moitos xa están sufrindo en carne propia os efectos do bicho)
-¡Canto se expón o personal encargado do coidado de persoas dependientes para non contaxialas ou para non contaxiarse!
(Desafortuandamente é aquí onde máis se ceba o indesexado)
-¡Canto mérito teñen as persoas que se ofrecen voluntariamente!
-¡Canto ben fan os veciños solidarios!
-¡Canta bondade teñen as persoas que se están deixando a pel en cometidos de risco!
-¡QUE GRANDE É O CORAZÓN DE TANTAS E TANTAS PERSOAS QUE SON O NOSO ESCUDO PROTECTOR!
Coa entrega e o sacrificio de todos estamos poñendo a proba o AMOR FRATERNO (Hoxe é XOVES SANTO en toda a Cristiandade)
¡Que non decaian as forzas!
¡Sexamos constantes!
Porque:
A CONSTANCIA TEN PREMIO
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa fortaleza e por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora