Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os voos de Rozas

miércoles, 08 de abril de 2020
Xa na primavera pousamos ao pé do aeródromo de Rozas en Castro de Rei, unha eclosión de novas iniciativas económicas e de investigación, acompañad@s pola acolledora sonoridade dos paxaros, pois o coronavirus non pode co saúdo do cuco cantareiro. Diante de nós abríuse un horizonte de novas expectativas na Chaira.

Este espazo aéreo tivo máis sorte ca outros que tamén estiveron ao servizo dos alemáns na segunda guerra mundial, coma o campo de aviación de Guitiriz que feneceu axiña. Neste espertar da natureza, os veciños da Chá que o están a ter máis complicado son as poucas parellas de mazarico real, únicas no mundo que aínda conviven nas Rozas despois de invernar. Os seus voos teñen que simultanear cos dos drons máis innovadores da tecnoloxía aeronáutica. Non abonda coa técnica da torre de control, temos todos que vixiar e respectar o fogar destas aves compañeiras na Terra Chá dende fai séculos.

O Centro de Investigación Aeroportada de Rozas está a converterse nun espazo de investigación de primeira liña en toda Europa polo que tamén ten que ser pioneiro no respecto a todas as criaturas, tal coma soñamos nesta primavera, non só a élite da investigación tamén as e os alumnos do CIFP As Mercedes de Lugo que van partillar esta inxeniería, e así a presenza destes equipamentos vai ser máis sanadora, sen esquecer o uso destes aparatos aéreos non tripulados coma transporte de desfibriladores e outros útiles ata os lugares máis afastados da nosa xeografía para remediar doenzas cardíacas ou doutro xénero, para a prevención de lumes, a salvagarda da paisaxe, etc., sempre sen esquecer que a convivencia harmónica coa diversidade das criaturas incrementa a saúde do noso mundo, castigado polo cambio climático, a intensificación dos cultivos do noso agro, os eucaliptais, etc.

Cómpre nesta hora deseñar e montar as infraestructuras respectando a flora e a fauna chairegas cunha optica ecolóxica, porque podemos perder o norde, voando tan alto, se esquecemos a sabedoría das e dos nosos antepasados que estiveron durante séculos forxando unha agricultura e gandeiría fornecedoras da alimentación máis proveitosa para todos os seres, tal como están a aprender e planificar os e as alumnas do IES Terra Chá Xosé Trapero Pardo de Castro de Ribeiras de Lea no ciclo de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, sen marxinar os humidais e as agras.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES