Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As armas longas da inquietude

miércoles, 08 de abril de 2020
Nos estados de alarma, sempre hai quen vende alarmas para aproveitarse da situación fláccida e frouxa na luz do desasosego para crear; sí, son creadores do desacougo e van dereitos á angustia e á ansiedade para personificar a reencarnación do mal, cando os demais están a buscar a solución a esa catástrofe; son os antidemócratas, que non dan respiro nin descanso, apuntando sempre coas armas longas da inquietude para remexer nas almas confinadas polo desacougo.

Pero fixádevos ben, almas desacougantes, o Estado, a partir desta situación de sobresalto e inquietude ten que tomar un papel moito máis activo na economía do país, porque o liberalismo ha de ser unha das bandeiras que debemos arriar do mastro da avaricia, e a lei da oferta e a demanda que os economistas predicaron sempre como axioma fundamental ou deus máxico a seguir, e da que xamais admitiron controversias, e menos aínda, posibilidades de crítica, ha de ser tamén arriada do noso pensamento cando tanxen as campás de morte no adro da nosa existencia.

E máis, a lei da oferta e a demanda, sempre me pareceu a lei do funil, onde o cono maior é o encargado de recibir o condoito con ardimento e enerxía, e do cono inferior do funil sempre caeron as gotas que non lles quedaron para os outros que segundo ían botando, ían collendo, dirimíndose así a cuestión presentada entre Solón e Anacarsis de Escita sobre a natureza da xustiza, as fontes do dereito e a lexitimidade dos menos poderosos, porque a oferta sempre a fai o que nola pode ofrecer, por iso, os pisos, o petróleo, as residencias privadas para anciáns, e a medicina tamén privada etc. etc., son ofertas que o pobo non pode demandar e o Estado, a partir de agora, ha de ser capaz de levantar a vara da xustiza para regular e regulamentar os prezos, que como cabalos desbocados están a trotar pola infinitude dos bosques da economía.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES