Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Sil

martes, 25 de marzo de 2008
Vou intentar facer unha breve reseña biográfica do Sil. Comprendo que é moito río para ter tan humilde biógrafo pero, estas liñas son pequenas ondas que queren facer que outros máis versados escriban a grande historia do río que chega a Galicia reivindicando que tamén, o Bierzo, aí onde el é nado, non é outra cousa que unha torre albarrana da muralla natural galega, deses montes.

O Sil ten por pais a un monte astur e unha montaña leonesa, Cueto Alba. A súa infancia e mocidade descorre polas terras bercianas; xa moi xoven, para gañarse a vida, busca traballo na cuenca carbonífera sendo un esforzado traballador, un mineiro. Decatándose de que o seu destino está na comunidade veciña será un dos poucos que pretende, cando outros emigran desta terra de verdor esperanzador, demostrar que Galicia é o sitio onde todos teñen que volver. Deste xeito, moi pronto, cambiou o seu domicilio pasando a ser veciño desta comunidade. Primeiro será na provincia de Ourense onde queda a vivir. El que nunca desexou ser un maleante preguiceiro e non ter oficio recoñecido; fíxose aureano apañando polas bisbarras que pasaba o preciado metal que ía gardando nos seus petos pensando no futuro, por si tiña que marchar de Galicia cara as Américas. Non sabía o inocente río que estas zonas de montañas, ainda que elas son moi boas amigas dos ríos e, dun xeito especial de O Sil, é terreo agreste, escarpado e propicio para que tamén estean os corvos rapiñeiros ou aguias, coma aquelas romanas que coa súa avaricia de poder, coas súas poutas fortísimas, as da escravitude, escachaban montes, elevacións que ainda están sangrantes como no caso das Médulas.

Ben, pois, por estas razóns o Sil, por ser un eficiente aureano cae tamén baixo o control das lexións, será outro esclavo que traballará ao servicio do imperio; unhas veces usado como ariete para facer derribar a resistecia dos montes, no caso de Montefurado, e noutros como fiel sirviente dos fillos da Loba, por certo será descendete daquela esa bandoleira chamada con este alcume? Bon, sigamos a favor da corrente de auga, ainda que, en moitos momentos resulta dificil porque é moi triste a vida dun esforzado da talla do Sil. Pasados os séculos adquiriu o seu manumiso, deixou de servir a Roma, pero os traballadores de sona sempre están en activo e máis, coma neste caso, cando contratalos ou despedilos non trae consigo problemas laborais. Estivo moitos séculos adicándose a ser coidador de bancos de peixes, anguias e troitas entre outras, a regar predios e prados e tamén cos seus brazos a mover as rodas dalgúns solitarios muiños fariñeiros.Non podo esquecer que nestas labores colaboraron tamén eses amigos seus, os fieles Bibei, Lor, Soldón.. Estaba o río na súa serena adultez e parecía que desexaba ser un amante do sector primario, pero, estando nestas bucólicas reflexións, resulta que o progreso decatouse de que podía ser un eficiente colaborador e para iso decide engaiolalo, meter o río nunhas cárceres de formigón para controlar o seu producción.

Deste xeito a liberdade do Sil é condicional, a paga co seu traballo, xa non será aquel río que cando chegaban os invernos, aqueles invernos, cargado coas borracheiras da chuvia ía de troula e metendo coas súas locuras medo aos ribereños; agora o Sil toma xa un camiño de forzada sensatez, pero, lembremos, este "flumen" é dificil que teña un curso formal e rectílineo pois hai etapas nas que semella un santo, especialmente no último tramo da súa vida, cando chega a Ribeira Sacra, e outras totalmente borracho zigzagueando no seu paso. Nada é extraño, pois de todos é sabido que a súa beira danse os máis renombrados caldos, estes viños valdeorreses, quirogueses e para rematar na Ribeira, o señor Amandi , pero ninguén debe culpar a un traballador coma el de que un día, nos poucos de asueto que ten, tome uns vasos aproveitando que por onde pasa é por todos estes pobos moi querido e, por tanto non pode negarse a ser invitado nestas feiras e festas das súas ribeiras. Hai quen din que son moitos os pecados que na súa vida cometeu e por iso, antes de morrer, pide a súa absolución en todos eses conventos e mosteiros que érguense na Ribeira Sacra. Eu penso que se algún ten é totalmente venial. Algunhas voces din que violó montañas, que deitase con rapaces, mozos e mozas sen distinción de sexo. El non ten culpa de que aqueles romanos, pola súa avaricia, forzaran a ese viaxeiro a ter relación carnal coa montaña, que para máis tachalo de homosexual din que non é montaña que é o Monte Furado.

Eses ou esas que deitanse con el no seu leito buscan apagar o seu calor nos seus barzos de auga pero nunca podemos ver sexo onde hai relación de amizade e cordialidade, entrega desinteresada. Non merece ser condeado a non morrer no mar quen o único delito que comete é ser bo e inocente. Solicitaría a medalla de ouro do traballo a este que pasa toda a súa vida laborando en tódolos sectores e cando o seu corpo vai cargado de auga, acúsano de ser borracho.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES