Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Contar o que haxa que contar

miércoles, 08 de abril de 2020
Pouco máis dunha hora para que empece esa obra mestra cinematográfica chamada “Os sete magníficos”. Mentres non empeza, a música soa e os dedos percorren o teclado do Pingas de Orballo: Contar o que haxa que contarordenador para contar o que haxa que contar. Conto que, xeralmente, o número 1 vai primeiro que o 2, aínda que, ás veces, aquel quede, por exemplo, o derradeiro. Quero que saibades que sempre hai un principio e un final. O principio é cando empeza e a fin é cando remata. Lei de vida, lei lóxica. Conto que unha bomba de neutróns pode caer por entre as pingas de auga se no momento de lanzala está chovendo, ou por entre os lóstregos dunha treboada, ou por entre os raios do sol. Pero sempre, sempre caerá impulsada por unha man que a empurra, por unha man asasina. Porque a bomba de neutróns non respecta a ninguén cando cae, cando estoura, cando rebenta. E mata. Conto que a lámpada que deixa escapar a luz nesta noite de marzo é para que un servidor consiga deslizar ben os dedos polo teclado do portátil, no que, como se ve, e se sabe, e se intúe estou contando o que me apetece contar. E sempre, sempre baixo esa música que amansa, que tranquiliza, que gusta, que calma. Conto que o Covid-19 segue a facer das súas, pero aplausos tras aplausos, desexos tras desexos e con sentidiño, con moito sentidiño conseguiremos vencelos. Temos que vencelo! Porque xa todos temos ganas de volver á rutina. Ata estou seguro que todo o mundo está desexando traballar ou estudar. E xa contei.

Heroes da paciencia

Segue a corentena poñéndonos entre catro paredes para, de cando en vez, sentirnos heroes da paciencia. Somos heroes da Pingas de Orballo: Contar o que haxa que contarpaciencia! Como somos, por veces, criaturas que viaxamos por entre os versos de fantasías que se cumprirán. Cando chegue a fin dos encerros berraremos ben forte que resistimos con cacheira, con harmonía e con moita serenidade. Ningún bicho nos domeará, nos someterá nesta loita contra a sen razón. Porque somos heroes silenciosos que furgamos por entre as duras paredes do mal. O mal erradícase con paciencia e con orde, con moita orde. Somos a esperanza dun mundo ferido, dun mundo que se queixa, pero que loita e que acabará ganando esta guerra que nos acosa, que nos angustia. Arrimaremos o ombreiro e, entre todos, flotaremos por entre nubes de rexouba para amosarlle ó mundo que sempre quedarán heroes. Estes, paso a paso, enlearán o desalento para metelo logo nun tubo de metal e cerralo hermeticamente. Non hai coma agarrarse á esperanza e que esta viaxe por entre as páxinas dunha odisea que foi, que é, pero que rematará. É certo que o tempo pasa lento, pero pasará e todo cambiará. Porque ten que cambiar. Ten que volver a rutina diaria. E aquelas olladas nas que se lía todo. Hoxe, estas, rexeitámolas con medo. Hai medo. Pero tamén hai a esperanza que latexa tras cada portal, tras cada habitación, tras cada silencio, tras cada separación. Porque nós, os heroes silenciosos, faremos que esa esperanza sexa toda unha realidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES