Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Temos que loitar contra o medo

miércoles, 08 de abril de 2020
O estar preocupados pola situación sanitaria xa é suficiente para mantérmonos desacougados e se a iso lle engadimos unha doses de pánico a mestura pode ser explosiva. Por iso é tan importante tratar de controlar o medo, un temor inducido pola cantidade de información recibida estes días ben difícil de dixerir porque absorbémola a bocados sen apenas masticar.

Os partes recibidos día a día diferéncianse pouco dos partes de guerra: tantos na fronte de batalla, tantos feridos, tantos mortos e tantos curados, algúns xa en hospitais de campaña. Visto así pois xa poderíamos comezar a tremer pero, sendo un tema verdadeiramente sério, o recomendable é non caer na sensación de desamparo e moito menos no pánico colectivo ou na soedade mesma do noso medo.

¿Que está pasando arestora? Pois que están saíndo a relucir as carencias dun sistema sanitario posto polos mercaderes de quenda na texitura de converter a sanidade pública nun negocio para deixar de ser un dereito. O neoliberalismo é o adail da privatización, do sálvese quen poida, do sanarás se tes recursos.

Diante dunha pandemia destas características todo o dispoñible é pouco e arrimar o ombro colectivamente unha necesidade. Ou saímos todos remando na mesma dirección ou non saímos.

Resulta vergoñento a estas alturas da película, sabendo polo que está pasando o país, ver cómo algúns xornalistas e políticos xa andan buscando culpables, xa están remexendo na noxenta basura da ignominia, da descalificación, do insulto, da mentira programada. Resulta que alqueles que recortaban a esgalla os fondos dunha sanidade pública exemplo para o mundo, agora saen ao balcón a apludir aos profesionais que ata hai nada tiñan en semi abandono. ¡Inspirade os vosos pútridos alentos e deixádeos para mellor ocasión!

Atopámonos nun estado de alerta e xa que logo é necesario ter en conta as medidas que as autoridades sanitarias impoñen nunha situación de emerxencia nacional malia que resulten incómodas: nisto non cabe a discusión e si a obediencia. Pero son optimista malia os que din: un pesimista é un optimista ben informado.
Temos que loitar contra o medo
¿E a quen hai que protexer con prioridade? Pois aos profesionais sanitarios que se baten a brazo partido co Covid-19 cóbado con cóbado cos doentes e aos maiores. A aqueles déanselles os mellores equipas de protección, os primeiros na homologación así como as mascariñas máis efectivas e a estes a debida atención e consideración.

Da China ven case todo, incluído o virus, pero non todo vale, teñamos isto en conta. E falando de mascariñas, isto sería tema para tratar doutra volta. Pois iso.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES