Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos queremos feiras e polígonos

martes, 25 de marzo de 2008
E todos temos dereito a feiras e polígonos.

Quen máis, quen menos, monta un pequeño polígono industrial. Primeiro as cidades, logo as grandes vilas, por fin os pequenos concellos, planifican un polígono industrial á medida ou non das súas necesidades, e presume de ter planificado un futuro perfecto para as súas industrias e o seu comercio.

As medianas e pequenas industrias deben ser arredadas dos centros urbanos, por pequenos que estes sexan. Os comercios precisan almacéns que moitas veces non é posible ter no casco das poboacións. Só por eso xa está ben que cada concello conte cun parque empresarial ou superficie similar que a fin de contas o nome pouco significa á hora de prestar un servizo.

O difícil é que estas instalacións industrias, con solo apto para a industria, comunicacións e servizos, capten industrias do exterior, que esto sí que ven a potenciar un determinado concello, proporcionar postos de traballo e dar vida á súa capital.

Nesa mesma onda está a proliferación dos recintos feriais, que poden estar formados por un edificio multiusos con infraestructura e capacidade local, para servir ó concello e acoller manifestacións de todo tipo, ou ter vocación xeral, autonómica, co que dificilmente atopará un lugar entre os numeroso existentes en Ferrol ou Vilagarcía, A Coruña ou A Estrada, Lugo, Pontevedra, Ourense ou Vigo e que se non atopan a necesaria especialización están condenados á consunción, a languidecer procurando o favor do público e as subvencións oficiais.

Todos queremos ferias e polígonos. Todos podemos ter unhas e outros, sempre que planifiquemos a súa existencia e o seu funcionamento. Ata agora foi un caos, a loita por libre, e sálvese quen poida.

Agora que a Xunta se bota de fora e busca que estas instalacións se autofinancien, imponse o sentidiño, a planificación, e a traballar con xeito sabendo moi ben o que se quere, co que se conta, e ata onde se pode chegar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES