Xa temos gañadores/as do IV Certame!!

1. Pilar Alonso, de Ponteareas coa vilariña titulada ACOUGO. Pilar pertence ao colectivo poético De base VERSOS DE AREA de Ponteareas.
2. Andrea Fdez. Maneiro de Vilagarcía coa Vilariña ELAS.
3. Suso Bahamonde, de Cee con unha Vilariña sen título. Suso é un histórico da poesía da Costa da Morte e foi un dos.membros do Batallón literario da Costa da Morte.
@s gañadores/as recebirán unha peza feita a man da artista de Muxía Viki Rivadulla, xa característica destas 4 edicións, que representa a unha muller galega co paxaro da criatividade na cabeza.
O acto de entrega está este ano condicionado pola evolución da pandemia do coronavirus, polo será anunciado máis adiante.
Nas anteriores edicións @s poetas gañadores/as foron:
Edición 2017: Andrea Araújo de A Guarda, Pedro Rielo de Pontevedra e Toño Núñez de Navia.
Edición 2018: Beatriz Dourado de Lugo, Mila Villanueva de Valencia e Cris Amoedo de Vigo.
Edición 2019: Beatriz Coira de Vigo, Ana Rivas de Vilagarcía e Manuel González do Bierzo.
O certame Vilariñas naceu inspirado no poema A ESPADA de Xosé María Díaz Castro e nas "herbas pequerrechiñas" dese poema. No valor das cousas pequenas. Así, o nome diminutivo e a palabra VILARIÑA ven do lugar de nacencia do poeta dos Vilares e do lugar de Vilariño dos Cregos. Un nome que aspira a ser a denominación popular dos micro-poemas en língua galega.