Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

25 días confinado

lunes, 06 de abril de 2020
Hoxe, luns, cumpro vintecinco días (comecei tres antes de ser obrigatorio) de confinamento, sen saír da casa, na aldea, que mitiga a monotonía dun piso pero tamén aílla porque non se recibe prensa escrita, internet ten unha lentitude insultante, e todo parece transcurrir como a cámara lenta.

Os informativos dos medios téñense convertido forzosamente en monográficos, e contemplamos a sucesión de novas, de peches, de rúas baleiras, de mortos como se fose unha mala copia dunha película catastrófica das que agoiran a fin dos tempos, comprobando que a realidade é máis dura que calquera película con esaxeracións interesadas por esixencias dos guións.

E as imaxes, as cifras de contaxiados e os miles de mortos, parécennos que non van connosco, pechados nas casas, sen perigo arredor…que só temos que agardar que todo pase. Pero a través dos medios, ou das chamadas de amigos, vainos chegando a realidade que nos enlaza co mundo dos problemas…

A Casa de Galicia en Madrid comunica a morte de José Manuel Pérez Vázquez, prestixioso oncólogo, directivo dos Médicos galegos en Madrid. E sei do pasamento do gran galego Xosé Luis Franco Grande, e de Dositeo Rodríguez, destacado conselleiro do goberno de Manuel Fraga, interventor de Facenda en Lugo, e membro da antiga familia propietaria do Restaurante La Barra, suponse que contaxiado nunha viaxe de lecer.

E de Madrid recibo a noticia do pasamento, pola mesma causa, do asturiano Joaquín Antuña, Presidente da Fundación Paz y Cooperación, que non hai moito tempo estivo en Lugo e Santiago para inaugurar a exposición do seu Certame Internacional de Debuxo e pronunciar unha conferencia sobre a función desempeñada a prol da paz a través da cooperación.

E entonces empezamos a poñerlle cara á morte, ás cifras que nos agreden, porque non todos os mortos son iguais, e son moito máis para nós os máis de douscentos que levamos en Galicia ca os 40.000 que se di houbo na china Wuhan, onde todo comezou.

É o que ten esta globalización que nos envolve: á vez que todo nos invade, tamén nos despersonaliza. E pesan máis catro mortos coñecidos que os miles que morran nos Estados Unidos ou os máis de setecentos en toda España. E dinnos que o peor aínda está por vir. E estamos empezando a notalo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES