Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cristina, unha moza valente e solidaria

lunes, 24 de marzo de 2008
O xoves pasado día 13 de marzo aconteceu no peirao de Vilaxoán un grave accidente onde pereceron dúas mozas, Eva e María, ao caer o coche ao mar. Outra moza que se atopaba noutro coche, ao observar que se fundía, tirouse ao mar para poder salvalas. Esta rapaza de 19 anos Cristina Lobato intentou rescatar ás víctimas, pero unha chea de circunstancias e moi mala sorte, non puído facer nada. Eu estaba alí, a vin toda mollada e tremente de frío, quizais non só de frío senón que tamén da impotencia de non poder rescatar ás devanditas mozas.

Non é moi normal que se trate de ti a unha persoa que non se coñece. Neste caso Cristina, permíteme por unha vez escribir de ti a ti. Ante todo a miña máis sincera felicitación polo coraxe e valentía da túa acción. Coido Cristina, que os que nos consideremos adultos temos que facer moitas reflexións en canto a xuventude. Non soamente temos que estar a ler e escoitar nos medios todo o negativo , xa que iso é o que máis vende. Ti, Cristina, nos deches unha lección de humildade, solidariedade e valentía que moitos de nós, os adultos, temos que aprender.

Non teño ese gran pracer de coñecerte persoalmente Cristina, coido que xa che coñezo nas miñas reflexións e na miña mente, representas a milleiros (a gran maioría) de mozos deste país que xamais saen nos xornais ou TV polas cousas ben feitas, iso non vende.

Cristina, os adultos damos a cota máis alta en sintonización das TV, ollando as miserias humanas, os programas lixo, subcultura e logo pedimos responsabilidades aos mozos/as da falta de valores. Coido que temos parte da culpa de non saber comprendervos. Ti deches ese exemplo ante este sistema mediático que nos están a impoñer. Ti deches o exemplo a moitos detractores que pensan que están na posesión da verdade, poñendo a caer dun burro a toda a xuventude; cando saben positivamente que sempre foi unha minoría.

No é certo que os mozos de agora pasen de todo. Todo o contrario. Teñen os seus propios valores interiorizados e están comprometidos co que creen.

Milleiros deles demostran cada día coas súas accións, a súa enerxía e a súas gañas de facer cousas, de actuar contra a inxustiza, o medio ambiente e en especial os valores do ser humano como é a vida.

Só che digo dúas palabras con moito agarimo: “chapó” Cristina.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES