Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Qué podemos aprender de todo isto?

miércoles, 08 de abril de 2020
Podemos empezar falando de incertidume, de que non sabemos qué vai ser de nós, de que vennos unha moi gorda, de que pode haber un estourido social pero, de qué nos serve xerar máis alarma da que xa hai?

Eu prefiro aprender de todo isto. Valorar máis as cousas cotiás, as pequenas cousas que nos fan sentir a vida: as apertas, os bicos, os alentos, o vento na cara, o rodar cidade entrando en cada café, as verbas dos amigos, a rutina do traballo, os risos dos tempos de descanso e o balbordo das cidades que nos cansa e ata o cansazo botamos en falta.

Todo isto xeounos a vida persoal e laboral pero todo isto supón un reto colectivo que abre novas oportunidades: o traballo online, a solidariedade colectiva, a visualización do esencial ou actitudes individuais dispostas a poñer todo da súa parte para unha vitoria colectiva.

Cando saiamos de aquí cómpre mirarnos ao espello e recitar todo o que fixemos ben, por nós e polos demais e ver que actitudes aplicadas na situación límite poden mellorar a nosa vida cotiá. Visto así, podemos estar ante unha oportunidade histórica pero o risco é que toda esta aprendizaxe se dilúa co regreso do balbordo.

O risco, de novo, é non aproveitar a capacidade humana da memoria para ser mellores. Podémolo facer. Farémolo?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES