Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un minuto despois

jueves, 02 de abril de 2020
O peche que vive o país tradúcese en millóns de peches individuais que fan lembrar o medieval "Romance do prisioneiro" no que só sabe cando é "de día, o cuando las noches son", por unha "avecilla" que lle cantaba ao albor.

As nosas "avecillas" veñen ser os medios informativos que transmiten en directo o que ocorre no mundo con este virus asasino contra o que a única loita posible é o aillamento, e mentras as voces máis sonoras contan os avances da loita contra a enfermidade, outras lembran os milleiros de empresas forzadas a mandar ao paro a incontables traballadores.

Pero esta situación, que nos ten inanes, nalgún momento vai rematar, aínda que non saibamos cando nin como. E temos que aprender a pensar no futuro, para -despois de superar este trance- empezar de novo. Por iso, é de agradecer a badalada que sonou desde Ourense onde o presidente da Deputación piuxo en marcha o “Comité do día despois”, para empezar a traballar pola reactivación económica un minuto despois de que remate o estado de alarma e volvamos, oficial e realmente, aos problemas nosos de cada día.

Ese é o xeito optimista, realista, de ver a situación: Transitar pola realidade resistindo, loitando por sobrevivir, pero sobre todo preparándonos para a loita en canto a alarma remate, por nós, polos nosos, e polo país. Porque nalgún momento ten que volver a normalidade, e daquela temos que estar preparados para a loita.

No Romance, un "ballestero" matou a "avecilla" que lle abría os oídos ao mundo. Que as nosas "avecillas" conectoras co mundo nos permitan, agora e sempre, ter ollos e oídos abertos ao que pasa ao noso arredor.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES