Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Felices Pascuas!

lunes, 24 de marzo de 2008
¡A Pascua é o centro da fe cristiá, o trunfo da vida sobre a morte, o garante do noso futuro. “Se Cristo non resucitase vana sería a nosa fe” dixo Paulo. Aos poucos días da execución de Xesús os discípulos saen ás rúas a proclamar con valentía: “¡vós matastes a Xesús pero Deus resucitouno!”. Esa é a resposta de Deus a unha acción inxusta e criminal dos que queren calar para sempre e anular o proxecto dun mundo máis xusto, humano, solidario e fraternal.

“No corazón da nosa fe hai un crucificado ao que Deus lle da a razón. Tamén no centro da súa Igrexa hai unha vítima á que Deus lle fai xustiza. Unha vida “crucificada” pero vivida no espírito de Xesús nunca termina en fracaso senón en vida/resurrección”, dinos un teólogo actual. Isto ten de mudar o senso dos nosos esforzos, penas, traballos e sufrimentos a prol dun mundo máis humano e tamén da nosa loita por unha vida feliz para todos/as. Estar cerca dos desvalidos e indefensos, dos inmigrantes, dos que pasan fame ou morren nos caiucos fuxindo da morte na procura da liberdade... ¡confirma que é o xeito coherente de seguir a Xesús!

Todos os cristiáns temos a obriga de vivir á luz da vida/feitos de Xesús, do seu Evanxeo que termina en resurrección. Unha fe así vivida mantén a nosa coherencia de fe e fainos ser fortes á hora de correr riscos. E a sermos máis valentes ao xeito dos seus discípulos. Unha fe así vivida abre camiños de esperanza para este mundo deprimido e sen razóns para a esperanza.

¡Coma os amigos/as de Xesús de hai dous mil anos teñamos tamén nosoutros a valentía de anunciar que Cristo Resucitado segue vivo no mundo actual! ¡Felices Pascuas para todos/as!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES