Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Este é un bo momento

jueves, 02 de abril de 2020
A estas alturas da película, todos sabemos que estamos pasando unha das rachas máis difíciles dos últimos anos: ese bicho chamado “coronavirus” tennos a todos na corda frouxa.

Un bo número de persoas estamos confinadas na casa.
Outras están dando o cen por cen de sí para atender a tanto doente nos hospitais.
Outras están obrigadas a ir a traballar aínda que non lles apeteza exponerse a un contaxio.
Outras xa foron despedidadas dos seus postos de traballo.
Outras tiveron que pecha-lo seu negocio.
Outras están hospitalizadas coa esperanza de que as dean de alta cando venzan ó virus.
Outras están nas Unidades de Coidados Intensivos debatíndose entre a vida e a morte.
Outras…

Todos, absolutamente todos estamos implicados nesta situación tan complicada.
Todos estamos sufrindo polo que pasa e polo que poida pasar.

Parece mentira que un bicho tan pequeno poida “paralizar” medio mundo.

¡QUEN NOLO DIRÍA!

Pero agora xa está aquí.
Trátase de facerlle fronte da mellor maneira con tódolos medios ó noso alcance.
É bo momento para:

-Solidarizarnos coas persoas que están sufrindo os efectos deste terrorífico bicho e tamén coas súas familias.

-Practicar máis que nunca a humildade, porque todos somos vulnerables e ninguén pode dicir: “desta auga non beberei” porque non sabemos onde a temos.

-Disfrutar máis da familia compartindo vivencias únicas que se nos pasan por alto na vida cotiá.

-Valorar o labor do profesorado porque é insustituíble na educación da infancia e da xuventude.
O profesorado é un bo aliado da familia e máis un piar fundamental na sociedade.

-Valorar o labor das persoas encargads dos coidados da ancianidade e ás persoas enfermas.

-Solidarizarnos co veciño, axudándoo nas súas necesidades, agora que dispoñemos de máis tempo.

-Pensar nos compañeiros de viaxe e de traballo, gardando as distancias de seguridade recomendadas para non contaxiar nin contaxiarnos.

-Agradecer os sacrificios que teñen que facer os camioneiros para abastecer os supermercados sen poder cubrir as súas necesidades básicas durante a viaxe.

-Agradecer o traballo do personal de limpeza máis que nunca.

-Agradecer o traballo dos labregos que cultivan os productos que consumimos traballando moi duro a prezos moi baixos. Eles non poden parar: os animais comen tódolos días.

-Solidarizarse cos autónomos e os pequenos empresarios que o está pasando moi mal.

-Agradecer o labor das persoas que traballan enfronte ó público sen poder usar marcarillas para non escandalizar.

-Chamar por teléfono a persoas que están soas para escoitalas e darlles ánimos.

-Interesarnos polos que están no extranxeiro e poden ter problemas para retornar ó fogar.

-Non abusar das redes sociais porque podemos saturalas e perxudicar a outas persoas que realmente as necesiten máis que nós.

-Comprar o necesario para que os demais tamén podan facelo.

-Permanecer nas nosas casas sempre que nos sexa posible para non espandir a pandemia.

- E mil cousiñas máis que cadaquén sabe moi ben.

- O crentes temos que rezar moito para pedir a Deus:
Que se invirta máis en investigación médica.
Que poida sosterse a Sanidade pública.
Que non lle falten coidados ós enfermos.
Que se valore debidamente a vida e a dignidade das persoas independentemente da idade cronolóxica que se teña.
E para que non volva a repetirse outra situación como esta porque é unha ruina para moitos dos cidadáns de a pé.

Andando o tempo, esto pasará e haberá que reanudar o vivir de cada día porque confiamos en vencer á bicho máis cedo que tarde.
Precisaremos forzas renovadas.

“FORZAS RENOVADAS”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas polo ben que vai enfocar este momento tan crucial polo que estamos atravesando e moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES