Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un abril de lume e ferro

miércoles, 01 de abril de 2020
A poderosa imaxinación de Manuel María, deixounos abundante material para pasar estes días de aillamento; sobre todo cando o sol sae como unha tentación do demo que debemos reprimir. A Casa Museo Manuel María ten na súa web, a disposición de quen queira ler toda a obra teatral deste chairego eterno que sempre está con nós nos momentos máis duros. Desta web podemos baixar libremente toda a obra teatral. Léndoa só podo recuncar no carácter pedagóxico do Manuel que foi capaz de reproducir una escea histórica. Cabe recordar que fixo o mesmo coa revolta irmandiña que deu lugar ao musical da Quenlla “Unha vez foi o Trebón”. Abril de lume e ferro tamén é un fermoso poema musicado por este grupo no seu disco “26 cancións de amor, dor e loita”.

Abril é un mes moi especial para quen coñece a historia e a cultura galega e portuguesa. Nel, conflúen varios feitos como a Proclamación da Segunda República, a Revolución dos Caraveis ou o Fusilamento dos mártires de Carral ao que está adicada esta peza de Manuel María. No transcurso da obra podemos ver a xestación da revolta e os seus lemas. No diálogo entre os militares, podemos percibir cómo se lles van xuntando prazas e como dubidan da intención de outras.

A peza é breve pero demostra cómo o teatro ten a capacidade de recrear a historia.

Por suposto, tamén o cine pero coñecendo e lendo a Manuel María máis alá dos afectos, creo que debemos difundir o valor pedagóxico que ten a súa obra e impulsar aos docentes a utilizalo como recurso educativo.

Manuel María sempre foi un home dispoñible, un ser humano ao alcance de todos, agora fica a súa obra e ábrese de par en par unha accesibilidade total que encarna o espírito solidario do chairego que sementou azos de identidade na Terra Cha.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania