Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Os topos

viernes, 03 de abril de 2020
O sol reflicte na porta da lavadora nesta tarde de encerro da que perdín xa a conta do número que levamos. Pero é igual, a vida segue igual e confeso que eu estou a levalo ben. A min non me está angustiando a situación de verme pechado durante varios días. E se por un casual noto que quere entrar o Pingas de Orballo: Os toposdesalento, penso axiña naqueles topos da posguerra para chegar á conclusión de que somos uns privilexiados. Isto mesmo seguirei a dicilo logo do mes que botaremos en corentena, e se é que o asunto non vai aínda máis alá. Os topos da guerra e da posguerra. Aqueles si que eran encerros. Moitos en tan só un par de metros cadrados (ou menos) e durante anos, moitos anos. En sitios sen comodidades. En covas, mesmo. En simples buracos. Sen nada con que matar o tempo. Nin tan sequera libros porque a maioría deles, naqueles tempos, non sabían ler. Nós, hoxe, temos medo se saímos fóra. Eles, os topos, imposible de andar por fóra e con medo, moito medo dentro. Medo a que atinaran do buraco, do recanto, do oco no que estaban acochados. O coronavirus mantén pechados a grupos, a familias, a parellas; mentres que os topos estaban sós, case sempre ás escuras. Durante meses, durante anos, moitos anos. Algúns máis de 30 anos. E nós desesperamos ante o cuarto, o quinto, o oitavo día. Si, é unha boa mensaxe: cando desesperedes, cando vos angustiedes pensade naqueles topos que se encerraron durante anos e co medo roéndolle as asaduras. Así é que... ánimo, a manterse firmes que isto non é nada. Venceremos!

Porque me coñezo ben

Soño. Soño esperto e soño durmido. Cabalgo polas pradeiras de Sudalomba e atopo niños entre as silveiras. Subo ó tren na estación de Baños de Molgas e ó pasar a ponte das Cepas lánzome contra o túnel que aparece ó momento. Pero non rompo a cabeza. Porque tan só é un soño. Un soño que vai e vén mentres intento botar unha sesta. Que sería o noso país sen unha sesta! Pingas de Orballo: Os toposDun salto agárrome á cola dun avión e viaxo polo espazo sideral de todo o universo. Que bonito é abarcar o ceo en silencio! Nunha das voltas do aparato consigo aterrar sobre un penedo de Barricobos. Menos mal que caín de pé, senón escacharía a cabeza. Aínda que a miña cabeza é dura, moi dura. Tan dura como distinguir a realidade dun soño. Que, moitas veces, non é nada fácil. Por veces, a realidade vai máis alá dos soños e os soños máis alá da realidade. É complicado analizar a situación. A non ser que se filosofe diante dun espello. Se te pos a filosofar diante dun espello, o máis seguro é que se reflictan nel os soños que estás a piques de soñar. Dou voltas na cama e sigo soñando coa carallada de non saber cara á onde vou. Non sei se camiño ou corro cara á adiante ou cara á atrás. O máis seguro é que estea quieto. Seguro! Porque me coñezo ben. Ás veces digo que vou e non vou. Outras veces digo que quedo e marcho. Porque hai que marchar. Nunca me gustou quedarme quieto. Aínda que fose dereito ó inferno. Total, que é o inferno? Un asubío no tempo? Un corazón ardendo? Un soño de alento?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES