Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O tempo pasará

miércoles, 01 de abril de 2020
A situación é estraña. As circunstancias son raras. Ás veces, demasiadas veces non sei xa en que día vivo. Ou ben non me queda outra que mirar o calendario (e aínda así custa), ou ben espremo os miolos para saber o día do mes e tamén o da semana. Os momentos que estamos vivindo son así coma espesos, descoñecidos. Pero non queda outra que plantarlle cara e tirar cara á adiante. Hai que facelo para que o tempo pase e que todo cambie. Temos que facer que ese tempo corra para deixar atrás canto antes esta angustia, esta rareza que nos está convertendo nuns seres demasiado estraños. Ou non tanto. Á hora da Pingas de Orballo: O tempo pasaráverdade o ser humano amosa todo o que leva dentro. Por veces, e a moi poucos, agrómalles ese latexo sentimental que aniña no corazón de cada un. Non obstante, a maioría das veces, e ante situacións moi estremas, sáenos ese bicho que levamos dentro. Vivimos unha situación tan estrema que empezamos a mirar de esguello a todo o que se cruza no noso camiño. A min quédame a esperanza de que o tempo corra para que todo cambie. Mentres, refuxiareime na música para calmar a conciencia. Consolareime coas aventuras deses libros que son os mellores amigos de cada un. Distraereime con palabras que espallo, que esparexo por unha páxina en branco ou por unha pantalla de ordenador. E, finalmente, quedarei relaxado deitado nun sofá e contemplando unha historia cinematográfica. A situación é estraña. As circunstancias son raras. Pero o tempo pasará e todo volverá á normalidade.

E o que nos queda

Sento ante o ordenador e deixo correr o tempo. Son as seis en punto da tarde do domingo. Hoxe é o oitavo día de encerro. Levo o encerro de marabilla; fago as miñas cousiñas. O tempo, fóra, ás veces está gris, por veces sae o sol e outras ameaza chuvia. Debería chover, a ver se se afoga o maldito Pingas de Orballo: O tempo pasarácovid-19. Recomendan non tocar moito a cara. É moi complicado, principalmente cando a un non lle saen ben as ideas. Entón refrega a cara, e pensa, e segue dálle que dálle ata que cae na conta. Deixa de facelo e confía en que o maldito bicho non ande por aquí. Hoxe, aínda que o ruído queira penetrar no ambiente, non hai maneira. Todo é silencio. A verdade é que impresiona a situación que estamos vivindo: as colas nos súper, as distancias, as máscaras, os estantes baleiros e, o peor de todo, esas olladas que nos cruzamos para poder esquivarnos, coma se fósemos uns apestados. Levo mal o de non poder falar con ninguén. Co que me gusta falar. É que aínda que saias a mercar o pan ou o xornal, nin te paras nin ninguén se para para dicirche algo. Medo. Hai moito medo. O medo é libre. Pero levo peor o das cafetarías; e non polo café en si (que tamén), senón pola saída típica esa... ir, tomar café e falar. Falar. Falar. Falar. Certo que o café podo tomalo na casa, pero non é o mesmo. A proba é que só tomei dous en todos estes días. E tomeinos máis por matar o tempo que polo propio café. Hai que recoñecer que a situación empezou como novidade, incluso con moito humor e algo de mofa, pero, pouco a pouco, o asunto xa pasa de castaño escuro. E o que nos queda.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES