Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transporte metropolitano

lunes, 24 de marzo de 2008
Non estamos afeitos a contemplar as nosas modestas cidades galegas como metrópolis, pero o certo é que cada vez máis dependen e condicionan a vida das poboacións do contorno, especialmente no que se refire ó aloxamento de poboación que diariamente se traslada á capital para logo volver ó tranquilo lugar de residencia no rural ou na vila.

En tempos, nalgunhas destas urbes, había un transporte de viaxeiros que funcionaba especialmente para levar ós usuarios facer xestións á capital e volvíaos logo ó punto de partida, pero estas lineas quedaron extinguidas polo transporte particular, pola proliferación de vehículos automóbiles conducidos polos seus propietarios.

Iniciado e avanzado outro ciclo, o da poboación afincada nun amplo contorno, e o contínuo fluir de viaxeiros cara e desde as cidades, imponse unha nova planifación do transporte, que se contempla por parte da Consellería de política Territorial na nova Lei de Transporte Público, do que un avance vai ser a implantación do bus metropolitano en Vigo, Ourense, Lugo e Pontevedra, que ven xa de ser presentado ós respectivos alcaldes. Este novo xeito de transporte establederá intercambiadores co actual transporte urbano, paradas nas cidades, unidade de tarifas, que posibilitarán que o transporte público substitúa ó privado, e os residentes en zonas rurais ou poboacións do contorno das cidades non se vexan obrigados á utilización cotián dos automóbiles privados.

Falando de Transporte metropolitano parécenos estar falando de grandes cidades e lonxanas poboacións dormitorio, pero o certo é que as cidades galegas, pequenas en termos absolutos son moi grandes ós nosos efectos, estudiadas de acordo co contorno e as súas necesidades, e teñen que ter tratamentos similares ás que noutros lugares funcionan a maior escala.

Parece un bo paso dado no camiño de racionalizar o noso transporte público, e de atender as necesidades derivadas dos xeitos de vida dos que escollen a cidade para traballar e o rural para vivir.

Benvido sexa o sistema se efectivamente nos permite ós galegos vivir máis en contacto coa natureza, sen que nos custe máis este natural xeito de vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES