Cesión de templos e casas rectorais
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - lunes, 30 de marzo de 2020
Como sacerdote, quero poñer a disposición da Administración competente en materia de coronavirus os templos de culto así como as casas rectorais que teño ao meu cargo.
Denuncio e pido perdón en nome da Igrexa pobo de deus en contra da Igrexa xerárquica e sinalar á institución máis insolidaria e egoísta ata a data, A IGREXA (obispados, diócesis, ordes...)
A igrexa dispón de instalacións equipadas para entregalas a disposición da sanidade ( residencias, albergues, casas de exercicios, seminarios...) que se construíron con medios públicos.
Tamén a Igrexa ten grandes cantidades de depósitos nos bancos e ata agora non entregaron nada para a causa...
A requisa de hoteis privados custaranos diñeiro público; mentres non se requisan as propiedades e depósitos da Igrexa.
TIVEN FAME E DÉCHESME PARA COMER..
ESTIVEN DOENTE E AXUDÁCHESME. Mat.25
RECORDAR A PARABOLA DO BO SAMARITANO: o sacerdote viu tirado ao enfermo na estrada e seguiu.
O SEÑOR XULGARANOS
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora