#RecitalnaCasadaNPG será unha nova iniciativa da Nova Poesía Guitirica para nesta corentena do coronavirus, conteibuir coa poesía a facer máis levadeiro o tempo de reclusión nas casas.

Cada día ás 18:00 horas, o grupo de Facebook da Nova Poesía Guitírica NPG terá un recital dun/ha poeta da NPG EN DIRECTO que será compartido nas redes sociais doutros grupos poéticos e culturais.
Despois deste recital desde a casa e si a corentena continúa sobre as datas previstas, realizaremos outro recital aberto a outros grupos poéticos.
@s poetas participantes deste #RecitalnaCasadaNPG serán:
Día 1 Fátima Fernández
Día 2 María Pereira
Día 3 Branka Villar
Día 4 Moncho Bouzas
Día 5 Pas Veres e Clara Blanco
Día 6 Xelo Teijido
Día 7 Amalia Díaz
Día 8 Antón de Guizán
Día 9 Maica Pastoriza
Día 10 Emilia Martínez Fuentes
Día 11 Luz Darriba
Día 12 Pilar Maseda
Día 13 Jaki S. Quintela