Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pincheira do pensamento

viernes, 27 de marzo de 2020
A liberdade, a abertura e a soltura fannos ser ousados e atrevidos sen deixarnos ver os raios que saen de nós mesmos, e que coma unha aguación vai enviando a corrente do noso pensamento á vida do cotián, mais cando nos aprisionamos e acovamos como a día de hoxe é perceptivo por unha peste que nos fai recordar “I promessi sposi” de Alessandro Manzoni onde vai describindo a peste milanesa do 1630 con todo tipo de detalles e cando nós estamos neste encerro programado . . .

Tan só nos queda a introspección, a volta ao eu, mirarnos por dentro, sentirnos a nós mesmos en soidade e esgotar as posibilidades de vivencia con nós, sen os outros, vivenciarnos por dentro para escapar da maravillosa soidade, non sentida nin apreciada cando os turbillóns da sociedade fan vida nas colmeas existenciais da cidade, negando o ser individual en favor da colectividade que nos abrangue cos seus tentáculos de pólipo avasalador.

Así, estando con nós mesmos, sentíndonos, observándonos, entrando pola porta dos nosos adentros, que son clareiros do bosque da existencia, comeza a zumegar a pincheira do noso ser e chegamos a conclusións nidias no noso caletre; de tal maneira que afloran os sentimentos como luces dende o “eu” ao “ti”, dende o corazón aos corazóns, e fainos sentir as dificultades dos outros que poden ser as miñas virtuales e futuribles dificultades, e entón afloran os desexos e as emocións coa sensibilidade da aflición e da mágoa que se transforma no teatro de existencia en afecto e amor polos demais, en comprensión e colaboración chegando aos designios máis grandes do ser humano, á bendita e alaudada palabra que de todos é recoñecida como SOLIDARIEDADE.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES