Escoitar a voz do espírito
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de marzo de 2020
Falar do ESPÍRITO nun tempo tan materialista como o actual, resulta cando menos algo extraño para moitas persoas.
A MATERIA ABSÓRBENOS, A MATERIA ESCARAVÍZANOS, A MATERIA CONSÚMENOS, A MATERIA
A inmensa maiorá das persoas de calquera idade e condición, erguémonos cada día pensando e hixienizar o noso corpo, alimentalo, ir á escola, ir a universidade, ir á fábrica, ir á oficina, ir á leira, ir a
.
E pasamos os días entregados ás tarefas propias da cada estado ou profesión.
E así pasamos a etapa estudiantil, a laboral, a senil
.
E así nos pasan os día da vida.
E cando chegamos ó remate desta existencia terrenal dicimos:
¡NON SOMOS NADA!
¡TODO QUEDA AQUÍ!
¡SABIDO O SABIDO!
¡É O MÁIS RICO DO CEMITERIO!
Frases así téñollas escoitado a persoas que tiveron unha saúde de ferro; ata que un día
Todos ou a maioría dos humanos sabemos que:
QUEN DE NOVO NON TRABALLA,
DE VELLO DURME NA PALLA
E eso é ben certo; pero ademais de traballar para gañar o pan de cada día, TAMÉN TEMOS ALGO MÁIS QUE ALIMENTAR.
Temos que alimentar a nosa vida espiritual.
Temos que alimentar esa outra dimensión que transcende á vida material; á que os cristiáns chamamos alma.
A nosa alma é ese ser consciente que habita na nosa conciencia, ese algo que nos dí que vimos do PARAÍSO e imos peregrinado cara ó PARAÍSO.
O Paraíso é a SABEDORÍA INFINITA, á que os crentes chamamos DEUS.
Por eso os cristiáns confesamos que vimos de Deus e, despois da vida terrenal, descansaremos eternamente en Deus.
Crer que vimos de Deus e que a nosa meta está en Deus é unha graza que non todo o mundo ten; por eso moitas persoas se centran tan só na etapa intermedia; é dicir na peregrinación.
Para as persoas que só se centran na vida terrenal como principio e fin da súa vida; loxicamente só se centran en vivir o mellor que poden a costa do que sexa e de quen sexa.
Son dos que pensan:
Desta vida llevarás, panza llena y nada más
Para as persoas que cremos en Deus, sabemos polo ESPÍRITO SANTO que habita en nós polo BAUTISMO, que esta vida terrenal é un regalo gratuíto.
Un regalo gratuíto que se nos dá para coa axuda do ESPÍRITO- ir medrando en fraternidade universal.
Do Espirito fálanos a Creación enteira, pero moitas veces non nos decatamos das maravillas da Creación porque non escoitamos a voz do Espírito.
Do Espírito tamén nos falan moitos acontecementos da vida diaria.
Pero
Moitas veces andamos despistados e cerrámoslle a porta ó Espírito.
Moitas veces non escoitamos a voz do Espírito porque o Espírito non leva altofalantes.
O Espírito non precisa publicidade; precisa que o escoitemos.
O Espírito actúa caladiñamente, fala a orella de quen o quere escoitar.
-Fala no silencio.
-Fala sen palabras.
-Fala na Creación.
-Fala a través de moitas das persoas que nos rodean.
-Fala de mil maneiras
pero fala sempre.
SE O ESCOITÁRAMOS, DESTERRARÍAMOS DAS NOSA VIDAS: O EGOÍSMO, A AVARICIA, A SOBERBIA, A GULA, A LUXURIA, A IRA, A ENVEZA E A PREGUIZA.
¿Imaxínase como poderían cambiar as nosas vidas?
-Transformaríamos o egoísmo en altruímo; seríamos máis considerados cos demais e os demais con nós.
-Transformaríamos a avaricia en xenerosidade e a ninguén lle faltaría de nada porque saberíamos compartir.
-Transformaríamos a soberbia en humildade e poñeríamonos todos no mesmo plano de dignidade. aínda que cada un no seu posto
.
-Transformaríamos a gula en templanza e habería alimentos para todos sen que ninguén pasara fame.
-Transformaríamos a luxuria en castidade e non habería adulterios nin se romperían familias, nin quedarían nenos orfos por actos machistas...
-Transformaríamos a ira en paciencia e evitaríamos malos tragos dos que temos que arrepentirnos moitas veces.
-Transformaríamos a envexa en actos de amor e seríamos máis queridos e valorados mutuamente.
-E transformaríamos a nosa preguiza en dilixencia e non deixaríamos a deuda e mailo labor para a última hora.
En definitiva: SERÍAMOS MOITO MELLORES PERSOAS E MOITO MÁIS FELICIES.
¿Por qué non o intentamos?
ESTE É UN MOMENTO OPORTUNO
Este será o título do seguinte artigo
Moitas grazas por tanto ben que deixa feito coa axuda do Espírito e moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora