Soños na gaiola
Xiz, Xulio - miércoles, 25 de marzo de 2020
Devezo pola ciencia-ficción, e quedei marcado polos fitos titulados 2001, O planeta dos simios ou 1984, pero a de maior impacto foi La nave, de Tomás Salvador, moito menos coñecida, tan intelixente e máis humana, ca as máis deslumbrantes no seu Olimpo de luz.
Fabula Tomás do que Carmen Conde en ocasión lucense me confesou que era moito mellor autor que editor, que nesto fora un fracaso- con que a humanidade se embarcou en aventura interestelar nunha nave de dimensións imposibles, onde os viaxeiros interxeneracionais perderan a conciencia da súa orixe, da súa condición e do seu destino, debéndose a situación a que o poder establecido, aos que podían ser cronistas da viaxe lles cortaban as mans para que non puidesen escribila, vivindo todos os viaxeiros en escuridade perpetua porque esqueceran que para que as luces funcionaran había que premer os interruptores.
Tema no que os autores poñen especial coidado é na saúde mental e física dos viaxeiros, polo que sempre procuran telos ocupados, víndome á memoria as carreiras dos tripulantes da nave en 2001, percorrendo a longuisima circunferencia da nave para manterse en forma.
Así me sinto, engaiolado pechado nunha gaiola-, absorbendo por todos os poros do corpo a avalancha informativa sobre un tema de fe fe, lembremos, é crer o que non vimos- con nome monárquico, con moitísimo máis poder que Donald Trump.
Mentras os meus veciños están rodeados de ferrados de corazón e fanegas de alma, intento poñer as miñas sensacións negro sobre blanco- para que cando esto sexa un mal recordo poida valorar liberdades e tranquilidade.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora