Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Furgando na Vincocha

miércoles, 25 de marzo de 2020
Non sei se é polos nervios ou por que raio é, pero o caso é que empezo a suar. Estarei nervioso. Ó mellor é porque empezo a terlle más medo ós guasaps sobre o coronavirus que ó propio Covid-19 en si. Son dos que mando moitos guasaps e, claro, hoxe tan só mando sobre iso, porque só recibo diso. E son dos que os selecciono moito. É raro que mande vídeos (de calquera cousa) que duren máis alá dos tres minutos. Ata eu a maioría das veces nin tan sequera os vexo; ou empezo e Pingas de Orballo: Furgando na Vincochalogo os deixo. O tempo é ouro. Estarei nervioso. Porque sigo a suar. E iso que a noite non está quente. O aire pódese dicir que é fresco, case de neve. Ó mellor tamén estou nervioso porque a música de Jerry Goldsmith para a película “A fin de Damiel (A profecía 3)” é algo ou moito inquietante. Coma o coronavirus, por exemplo. De socato e sen saber como, furgo na vinchoca que me saíu o sábado na man esquerda por culpa do sacho (zona de Baños de Molgas) ou peta (zona do Ribeiro) sementando as patacas na aldea da muller, é dicir, na zona do Ribeiro. O que naceu escravo será escravo toda a súa vida; con coronavirus ou sen coronavirus. Agora xa peguei coa vinchoca e non hai maneira; todos os nervios se acumulan na palma da man. Nin Jerry Goldsmith nin coronavirus nin guasaps nin suores son quen agora de que deixe de escarvar. E furgo. E ergo un chisco de pel. E tiro. E sigo furgando mentres escoito a Milladoiro. Isto remata e os nervios seguirán escaravellando na vinchoca mentres fago outras cousas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES