Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aplausos nocturnos

lunes, 23 de marzo de 2020
Aplausos nocturnos Aínda que quixera escribir sobre outro asunto que non fose o coronavirus, sinceramente, non sabería sobre que. Ou en tal caso sobre a familia real, pero... como tampouco son moi partidario deles, é mellor calar para non ofender a algúns. Non queda outra entón que volver a este virus que semella que nos ten confinados ata per secula seculorum.

Vou optar por eses aplausos nocturnos que asoman todos estes días ás oito da tarde/noite desde ventás, galerías e balcóns. Penso que o primeiro día estivo moi ben o detalle para animar e darlle forzas a eses colectivos que están a loitar sen cuartel por este bicho que nos está matando. Mais o que me chocou un pouco foi precisamente ese detalle de nomear tan só a certos colectivos. E, ollo ó dato, son o primeiro en confesar a miña admiración por todos eles, principalmente por eses da sanidade e os dos supermercados, que son os que máis se nomean, e que é certo que quizais sexan os que máis risco corren.

Pero nesta situación na que nos atopamos, creo que todos, absolutamente todos estamos incluídos na defensa e no risco deste Covid-19. Empezando, por exemplo, polos propios políticos ós que case sempre criticamos ou insultamos, e hoxe por hoxe tamén son merecentes de aplausos, porque alguén tiña que coller as rendas da situación, pois senón isto sería un auténtico pandemonio. Merecen aplausos eses funcionarios que transcriben todas esas ordes que se acordan. Eses periodistas que están ó pé do canon para contarnos a verdade. Eses cidadáns de a pé que cumpren coas normas e non saen das casas (corresponderíanlles os maiores aplausos, pois ó non saír non pillan o virus e non irían a ningún centro de saúde ou hospital, polo que non contaxiarían).

Podería seguir e seguir, pero quero pararme nun colectivo en concreto (porque pertencín e pertencerei sempre a el) ó que en ningún guasap ou rede social lin que pediran aplausos para eles. Falo do sector agrícola, do labrego. Para ese labrego que rebenta os riles todos os días do ano, con pandemias ou sen pandemias (por unha miseria a cambio, por certo) para que toda a xente de todos os colectivos teña para comer. E teñen o seu risco; moitos tractoristas morren ó ano por transitar por sitios intransitables buscando ese sustento diario para todos os demais colectivos. Meu aplauso para todos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES