Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuntar Roma con Santiago

martes, 18 de marzo de 2008
Eso de remexer Roma con Santiago tiña por significado o de pescudar en medio mundo na percura dalgunha persoa, obxecto ou información. Quizais pola distancia entrambas, que ven ser de arredor de dous mil cincocentos kilómetros, quizais por ser dúas das cidades máis importantes de Europa e, xunto con Xerusalén, constituir as tres cidades santas do mundo cristián.

Nunca ata agora se estableceu un vínculo así desde Roma a Compostela ou viceversa, ata que unha exposición recentemente inaugurada amosa en Roma o camiño de peregrinación que desde aquela cidade cruzaba os Alpes, enlazaba en Francia coa Vía Tolosana e cruzando os Pirineos se convertía no Camiño de Santiago seguindo – como quere a tradición- o itinerario que no ceo marca un camiño de estrelas que os astrónomos coñecen como a Vía Láctea.

A mostra virá, co tempo, a Compostela. Durante un tempo permanecerá en Roma para proclamar urbi et orbe que a fe marcou un camiño de ida e volta entre a capital do mundo cristiano e a capital de Occidente, e que as peregrinacións de outrora, que troxeron a esta fin do mundo millóns de crentes medievais, volven de novo á vida, e o Camiño a Compostela conforma un regueiro de vida que remata na praza do Obradoiro, diante das torres xemelgas que Gerardo Diego chamou “gemelos lirios de osadía”.

Unha exposición xunta Roma e Compostela. Antes xuntounas un gran camiño polo que – movidos pola fe- viaxaron millóns de peregrinos.

É unha boa nova para esta santa Semana, na que Compostela será de novo –coma sempre- capital do noso país, do noso mundo, e a terceira das cidades santas da cristiandade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania