Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Coronavirus paraliza as Misas e as celebracións do aniversario do Consello de anciáns de Xestoso-Cambás

sábado, 21 de marzo de 2020
O lema: Potenciar as aldeas con todos os servizos e non concentrar todo en pobos, vilas ou cidades que levan a baleirar as aldeas por parte das diversas administracións.

O Consello de Anciáns de Xestoso, cumpre 20 anos dinamizando o rural.
O Coronavirus paraliza as Misas e as celebracións do aniversario do Consello de anciáns de Xestoso-Cambás
Imaxe dos primeiros integrantes do Consello de Anciáns de Xestoso con
Luís Anxo Patiño, cura da parroquia, no centro
.

O 19 de marzo cúmprense 20 anos da constitución do Consello de Anciáns de Xestoso, xerme da actual UNED Senior da Coruña, que conta con aulas nos concellos de Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Paderne ou Xermade, Rianxo, Padrón, Lousame, Brión, Boiro, Outes entre outros.

Co propósito de asesorar desde a experiencia a políticos, educadores e novos e revertir os seus esforzos en beneficio da sociedade e interactuar cos diferentes axentes sociais, nacía fai 20 anos o Consello de Anciáns de Xestoso (Monfero)- Cambás(Aranga), xerme da actual UNED Senior da Coruña.

A entidade, que actualmente conta con máis de 205 membros de diferentes parroquias, foi constituída no ano 2000 por unha veintena de persoas comandadas polo cura da parroquia, Luís Anxo Patiño, encargado por outra banda de contactar coa dirección do centro asociado da UNED para a realización dun programa senior na zona rural do que naceron as aulas de Xestoso, Aranga, Paderne, Guitiriz, Xermade, Irixoa, Rianxo, que se uniu ao O Coronavirus paraliza as Misas e as celebracións do aniversario do Consello de anciáns de Xestoso-Cambásproxecto en 2013-2014. Padrón, Boiro, Serra de Outes, non 2019.

Pretendiamos buscar a implicación da universidade coa contorna rural incluso creando unha 'Universidade Rural'. Finalmente foi a UNED a que se prestou a abrir esas canles de colaboración co Consello de Anciáns para a dinamización do medio rural.

Desde entón as actividades sucédense cada curso. Excursións, visitas culturais, recuperacións de oficios tradicionais e asignaturas en grao sumo variadas conforman o programa das diferentes aulas. E é que un dos obxectivos cos que naceu o Consello de Anciáns de Xestoso foi o de fomentar a aprendizaxe ao longo da vida e o desenvolvemento integral das persoas maiores aos que tamén se lles ofrece un espazo para intercambiar coñecementos e competencias ou favorecer a comunicación e as relacións interpersonales.

Tamén pretendían asesorar e aconsellar a institucións públicas finalidade dunha das súas últimas iniciativas:
1) Solicitar ao Sergas que implante a figura de geriatra de cabecera en todos os centros de saúde para garantir unha atención sanitaria especializada á Terceira Idade.
2) O valor de Rural, e que as aldeas teñan todo os servizos como na cidade.

É agora co coronavirus, onde as aldeas co seu espazo natural para moverse e sobre todo para as persoas maiores, fronte aos moles de cemento, que cunha cuarentena tan longa faise agobiante para estar encerrados sen poder sair...

Reclamamos maior atencios ao rural por parte das administracións, xa que é calidade de vida e non concentrar todos os servizos en pobo, vilas ou cidades.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES