Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pánico colectivo

jueves, 19 de marzo de 2020
Pnico colectivo Comezando polo goberno deste país que tamén entrou no medo, se non non se explican certas medidas como a do confinamento masivo cando no país veciño, Francia, que se atopa no nivel 3 de alerta de pandemia non só non mandaron a todo mundo para casa senon que o domingo día 15 se celebraron eleccións municipais con millóns de franceses convocados as furnas. E eu pregunto: ¿son os especialistas, científicos franceses e autoridades sanitarias máis indocumentados e irresponsables que os españois? Sinceramente creo que non.

O Goberno de España dictou unha norma que evidentemente temos que acatar pero eso non significa que puideran ser outras denantes de chegar a esta. Estamos confinadas persoas sas xunto a persoas con risco, e dicir: TODOS. ¿Por qué non comezar coas persoas que teñen outras patoloxías que este virus podería agravar?

Lembro perfectamente cando eu traballaba na sanidade que a vacinación antigripal era recomendada aos maiores de 65 anos con patoloxias que a gripe puidese complicar, logo aos maiores de 65 en xeral e máis tarde foi administrada a demanda, a quen a solicitaba. Malia a todas as campañas de vacinación antigripal son miles de mortos os que cada ano provocan no noso país as gripes estacionais que comprometen e empeoran outras doenzas. E o coronavirus é desta família.

A reclusión preventiva domiciliaria pode provocar en persoas que dispoñen de boa saúde que esta en certa medida se deteriore por causa da inactividade física, do desasosego que produce estar recluído, pola alteración do sono, etc,etc.Seguro que a reunión dos nosos eruditos tivo en conta isto denantes de decidir o confinamento da poboación.

E eu pregunto: ¿Que risco corro se saio a pasear pola contorna da miña vila a que me dea o sol e a respirar aire exento de COVID-19? O virus non anda ceibe polo ar, usa para viaxar das pingotas que exhalamos na tose ou nos esbirros así que con manter unhas normas hixiénicas básicas que se publicaron enon reunirse en grupos numerosos cóbado con cóbado sería suficiente para protexerse do contaxio. As autoridades sanitarias non deben estar moi seguras de que sexamos un pobo serio e responsable e xa que logo non se fían do noso comportamento no cumplimento das normas básicas recomendadas, de ai que nos encerren a todos na casa.

Xa veremos o resultado desta inmobilización nacional que seguro non se vai producir a curto prazo. As consecuencias negativas na economía van ser notorias tamén, pero a saúde é o importante. Sería desexable saír pronto deste estado de alarma e que, coas debidas precaucións, poidamos ir facendo axiña vida normal.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES