Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A psicose da estupidez

lunes, 16 de marzo de 2020
A psicose da estupidez Xa sei que non se fala doutra cousa que non sexa o coronavirus. Pero é o que hai. Eu tamén vou falar del. Para analizar un pouco (ou o que saiba) sobre a estupidez humana. Porque hai que ser estúpidos para realizar o que estamos realizando nos supermercados.

Collendo produtos a máis non poder, a darlle cun sacho que, a maioría, son perecedoiros e acabarán na bolsa do lixo. Esgotando produtos que, moita xente, neses momentos si os precisan de urxencia. A todo iso, eu, chámolle a psicose da estupidez. Agora mesmo (noite do sábado), mentres estaba ceando, vin as noticias por unha canle televisiva sobre a invasión nuns supermercados de Madrid. A forma de entrar a eles (coma cando se inician as rebaixas) e as colas que se forman para poder entrar. É neses momentos cando case desexas que lles entre o maldito virus... porque estaban sen proteccións e todos pegadiños, tanto nas colas coma, por suposto, ante as portas de súper esperando a que abrise. A ver, tanto medo á pandemia e resulta que estamos a provocala. Incongruencia total.

Foi o pasado mércores cando empecei a caer na conta do que se nos viña encima. Nun supermercado do barrio de Mariñamansa. Nunca cidade que por ese día aínda tan só se contabilizaran catro ou cinco casos. Ó entrar xa me cheirou mal o asunto cando vin as colas ante as caixeiras. Eu tan só ía coa intención de pillar unha bandexa de raxo adobado. Tiven que chamar ó momento á muller para dicirlle todo “acojonado” que non había carne ningunha. E máis pampo quedei aínda o venres, cando fun a outro da Valenzá e... nin carne, nin auga, nin pizzas, nin nada de nada. Do papel xa non falo, porque o asunto do papel, do papel hixiénico é un escándalo. Neste mesmo súper alguén comentou a que se armou porque dúas persoas seica estiveron a piques de chegar ás mans a causa duns rolos de papel hixiénico; tanto que incluso tivo que facer acto de presenza a policía. E despois andamos por aí burlándonos daqueles que teñen liortas por culpa duns marcos das leiras. Está visto que, o xénero humano, ante unha adversidade, vólvese animal, parvo, idiota, lambón, subnormal, estúpido e irracional.

Sentidiño, moito sentidiño ante esta situación que nos desborda.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES