Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gobernar é unha cousa seria

miércoles, 18 de marzo de 2020
Comezo a escribir coa imaxe na retina dun presidente de goberno circunspecto, ofrecendo en dous días máis roldas de prensa das que se dignou a convocar ó longo da súa traxectoria presidencial.
Comezo a escribir cos rosetóns aínda marcados nos mofletes pola vergoña allea que me provocou a visualización do vídeo "le quito la palabra, ahora se la doy..." ou, na súa versión máis insultante, "tu flipas, nena!", coa que o responsable actual do goberno municipal ourensán -chamarlle alcalde é un insulto para esa figura institucional- volveu a colocar á cidade de Ourense no cumio da pantomima política nacional.

Comezo a escribir lembrando unha rolda de prensa de hai uns cantos días atrás, da ministra de Traballo, erixíndose na salvadora da clase obreira española fronte a un exotico bichiño chino que agora se volveu en mostro nacional.

É máis, comezo a escribir coa fotografía de vangarda da manifestación madrileña do pasado día 8, na que dúas ministras "guays" portaban luvas violetas a xogo coa color dominante da mobilización feminina, agora non sabemos moi ben se por presumir ou por se coidar.

Continúo o meu transitar memorístico polo silencio de funeral no que caeron tódolos demais ministros e ministras do goberno, incluído o salvador da diplomacia nacional e agás, loxicamente, ó de Sanidade, que é a quen lle toca estar.

Pois ben, con todo isto colocado na miña pantalla mental, pregúntome de contado onde é que está agora Joaquím Torra, por onde andarán Puigdemont e o resto de reclusos mediopensionistas do exgoberno catalán. Que será do vicepresidente en corentena e, sobre todo, da lei mentada pola súa compañeira no goberno e no fogar, doce fogar.

Pregúntome todo isto e só atopo unha explicación cabal: Gobernar é unha cousa seria.

Unha cousa moito máis seria do que tal vez pensaban aqueles que foron tocados pola variña máxica da sociedade indignada e deles recibiron poder absoluto para tomar o ceo por asalto, coma se fosen auténticos sucesores de Asterix e Obelix nacionais.

Si. Gobernar é unha cousa seria. Non un xogo audiovisual que remede novelas de cabaleirías ou escuros episodios invernais. Gobernar é ter na man o poder de decidir sobre a vida cotiá da xente. E en moitos casos sobre a propia vida. Sen máis. Ó longo de 40 anos témonos concedido unha maquinaria estatal que pensabamos que funcionaba de forma autónoma e, polo tanto, os responsables políticos podían dedicarse a “xogar a gobernar”. Pero resulta que chegou este bichiño chino e estoupounos nas mans, demostrándonos que non calquera saltimbanqui vale para gobernar.
Pisón, Xesús
Pisón, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES