Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O salvador dos silencios incómodos

viernes, 20 de marzo de 2020
Pingas de Orballo: O salvador dos silencios incmodos Cando te atopas cun descoñecido nun lugar cerrado (ten fama de poñerse de exemplo os ascensores), o tema de conversación para romper o silencio sempre é o tempo. Cando te atopas con coñecidos ou incluso amigos, e neses momentos nos que xa non sabes que dicir, sempre te salvaba o tempo climatolóxico. Este, quéirase que non, sempre foi o salvador deses silencios incómodos. Agora, levamos xa un tempo en que o coronavirus lle quitou ese posto. Sexa en plan de broma, sexa un simple comentario, sexa con timidez ou valentía, sexa con preocupación entramos ós sitios saudando e falando desta epidemia que xa nos está metendo o medo no corpo. Ás veces semella que é toda unha carallada excesiva, que todo se está a saír do rego da normalidade. Outras veces, non obstante, entendemos que o asunto non está xa para bromas, que é moi serio e con moitas consecuencias; desde as económicas ata as culturais, desde as sociais ata as deportivas. E segundo parece aínda non chegamos ó punto álxido (no momento de pasar isto a limpo aínda non se decretara o estado de alarma). Claro que, agora, se seguimos as recomendacións nin falaremos do tempo climatolóxico nin falaremos do coronavirus. Porque non quedará outra que pecharnos nas casas e esperar a que o outro tempo pase. Ou facer como vou facer eu: sementar as patacas e transportar os postes que aínda teño pola ex viña adiante. Espero, confío e desexo que nas leiras, entre herbas, terras, ferramentas e suores non entre o bicho ese.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES