Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Optou polo compromiso

miércoles, 18 de marzo de 2020
O sol reflicte sobre os coches aparcados na rúa e un pensamento cariñoso asoma á miña mente: o de sentirme orgulloso ante os compromisos de certas persoas. Hoxe en día rexémonos por contratos, nóminas, facturas e demais semellanzas Pingas de Orballo: Optou polo compromisoescritas. Pero de cando en vez aparece alguén cun compromiso que vai moito máis alá do seu significado. Algo así coma volver ós tempos de “choca esa man e xa queda todo acordado”; é dicir, nin sinaturas nin rabo de gaitas. Hai uns poucos minutos recibín un guasap dunha sobriña de Madrid coa noticia de que unha matrona acababa de parir en Verín. A nova, en por si, non se sae moito da novidade, cando aí xa sabemos que deron a luz unhas cantas mulleres desde que pasara todo o barullo do peche do paritorio do hospital desa localidade. Non obstante, a novidade empezou a coller camiño cara ó rego do compromiso, xa que a tal matrona tivo a opción de parir en Ourense; é máis, practicamente lle tocaba Ourense porque ten a súa residencia, o seu domicilio en Allariz, e, agora ben, optou por Verín. Porque ela mesma fora das que participara e se encerrara no hospital naquela época de loita. Ou sexa, que a rapaza estivo e, como se ve, aínda está pola causa. A maioría, á hora da verdade, optan polo cómodo, polo sinxelo, polo fácil. Ela, que para máis aquel tócame algo na familia, optou polo compromiso, polos seus compañeiros, pola súa loita. Entenderase que me sinta orgulloso. Síntome orgulloso. Como se sentirá, co tempo, a súa filla África.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES