O público salva vidas
Santalla, Iago - miércoles, 18 de marzo de 2020
A crise do Coronavirus pon de manifesto a importancia de ter servizos públicos para garantir tanto os dereitos fundamentais como a seguridade da cidadanía.
O Estado é o noso chaleco salvavidas e o noso respaldo. O Estado, como a familia, sempre está aí e faino de xeito incondicional porque así llo marca a propia obriga. A cidadanía tampouco lle debe nada ao Estado porque paga esta obriga cos seus impostos. Eses impostos significan educación, sanidade, autonomía persoal e servizos sociais. Estes impostos garántennos os dereitos básicos como o dereito á vida
Podemos dicir, polo tanto, que o público é un capitán Smith que nunca abandona o barco.
Sabemos que vai estar aí ata o final e vai defender a nosa vida con todos os medios e por todos os medios
O Coronavirus pasará e volveremos á rúa a facer a vida pero deberíamos lembrar sempre a quen lle fixo fronte: as Institucións públicas. Polo tanto protexer o público é protexer os nosos dereitos e as ferramentas que os garanten eficaz e eficientemente.
O público garante a vida. O público salva vidas. O privado pode que si ou pode que non
por iso, mellor manter o público
.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora