Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Semana Santa!

domingo, 16 de marzo de 2008
¿Quen tería, hoxe en día, a carraxe de subir a Xerusalén ("¡á cidade santa que mata
aos profetas!") a dar a vida por alguén!?. ¿Por un fillo, nai/pai, un amigo ou
descoñecido!? ¿Polos que son quen de nos vender, traizoar ou de se lavar as mans
deixando crucificar a inocentes ao xeito de Pilatos!?. Por coherencia coa fe
recibida, todo cristián (seguidor de Cristo/Xesús) debería (deberiamos) estar
dispostos a facelo. Aínda máis: Tamén, incluso, toda persoa que sexa quen de
considerar aos demais membros da gran familia humana coma irmán seu.

A Semana Santa ven lembrarnos o Acontecemento Salvador por medio dunhas celebracións de orixe cristiá. Con dous mil anos de historia e varios engadidos e mesmo alforxas. Historia e Tradición xunguidas que se manifestan e perpetúan no eido musical e artístico e nunha rica imaxinería e literatura. E quedámonos case só niso. Seguimos enredados no superficial sen buscar o senso profundo e liberador que trae a Paixón/Morte e Resurrección do Señor. Segue a reinar a insensibilidade. Predomina a tendencia á evasión, á fuxida. (A semana do ano con máis accidentes de tráfico nas estradas). Procesións, pasos e confrarías son o centro. Manda o espectáculo, o folclore, o turismo. A follaxe esconde o miolo do Gran Acontecemento.

Todos sabemos quen e por que mataron a Xesús. Cómpre sermos conscientes de que a Paixón segue nos cristos actuais. ¿Quen son os causantes?. ¿De que lado nos situamos ante os pobres e os nenos des/nutridos e inmigrantes dos caiucos?. Pastores da Igrexa e todos os constituídos en autoridade teñen (temos) que estar dispostos a dar a vida por todos ao xeito de Xesús!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES