Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 13 de marzo de 2020
Voar coa esperanza ó lombo
Se miro o horizonte desde a perspectiva dun sapoconcho podo atoparme con alteracións do terreo, ou máis en concreto, con simples lombas. As lombas sabemos todos que soben e baixan ó albedrío, a vontade. Coma os pensamentos. Quen non pensa por veces en asuntos que veñen e van coma un bambán, que se mesturan para, ó final, non saber en que acaba todo. Moitas veces realizamos o mesmo que o sapoconcho, ou que a avestruz: que escondemos a cabeza para non ver o perigo. Que perigo? Acaso hai perigo? Que va, todo flúe, a vida flúe. Os soños flúen. As caralladas chegan e non se van. Para que se van ir? Claro que hai heroes que conseguen rebentar as inquedanzas, sosegar as preocupacións. Tamén conseguen voar (aínda que sexa sen a capa de Supermán) sobre todas as lombas do monte Medo e do de Pinouzos. É tan bonito voar coa esperanza ó lombo. Non obstante, quedo desnortado, atrapallado ante os biosbardos dun consolo. Quizais sexa ante os biosbardos dun alento. É complicado saber o que quero. Deixo que se marche o sapoconcho pola carreira da Costela. Ó momento contemplo o niño dunha azuleira. Axiña escoito un ruxerruxe que non entendo. Intúo que é o son desa esperanza que penetra, que furga por entre a placa torácica dun corazón que latexa. Hai esperanzas que mancan, e que doen, e que aflixen, e que se sofren. Pero como me sinto heroe, sigo o camiño con esa esperanza ó lombo. A min no me dobrega nin o ruído dun lamento nin moito menos o acougo do silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania