Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (9)

miércoles, 11 de marzo de 2020
Parroquia do Santo Tomé de Lourenzá. A festividade do San Antón. Localización do recinto sacro.

* Eclesiástica. Situado na freguesía do Santo Tome de Lourenzá, arciprestado de Lourenzá, diocese de Mondoñedo-Ferrol.
* Civil. Situado na parroquia do Santo Tomé de Lourenzá, concello de Lourenzá, e provincia de Lugo.

Coordenadas U.T.M.
X: 638.585
Y: 4.810.618.

Trazos artísticos do Templo
Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (9)Trátase dun santuario, que se utiliza tamén como igrexa parroquial. Os seus inicios corresponden ao século XVI; no obstante contou con importantes reformas no século XVIII e, logo, en épocas posteriores. Consta dos seguintes elementos:
1º. Unha fachada, que ten na parte superior un gran frontispicio cunha imaxe en pedra do Santo apóstolo Tomás.
2º. Tres naves separadas por arcos semicirculares cunha cuberta de madeira.
3º. Unha capela maior cadrada do século XVI, que amosa unha bóveda de catro nervios apoiados en mensulas.
4º. Unha pequena espadana dun só van na parede dereita.
A nivel ornamental, o presbiterio mostra un retablo maior, renacentista, do século XVII (1667), con tres corpos de influencia corintia. Presenta as seguintes esculturas: a do Santo Tomé, cun báculo na man dereita e un libro na esquerda; as de San Pedro e San Pablo, do século XVII; as da San Bieito e Santa Escolástica, do século XVII.
A nave lateral dereita, mostra un retablo barroco, do século XVIII, de influencia salomónica nas súas columnas; amosa só a escultura do San Antón. Nesta nave hai tamén outro retablo barroco dun só corpo, do século XVIII.
A nave lateral esquerda, presenta un sinxelo retablo barroco, que ten forman de camarín. Finalmente, na casa rectoral hai unha cruz procesional de prata, do século XVII .

Devoción Popular
O segundo vernes, sábado e domingo de xullo conmemórase na parroquia de Santo Tomé a festividade do San Antón de Padua. Denantes, celebrábase o terceiro domingo de setembro, decidíndose o cambio hai uns cinco anos.
Tanto o sábado como domingo, varios cregos da comarca ofician unha misa solemne. Logo, as advocacións do San Antón e Santo Tomás saen en procesión ó redor da igrexa parroquial, levadas nas andas por fregueses da parroquia. Tamén, denantes da festividade realízase unha novena na honra do Santo.
Desde o punto de vista profano, o venres pola noite, hai unha pulpada para todos os veciños da parroquia e doutras comunidades. A continuación, celébrase unha verbena amenizada por dúas orquestras, ó igoal que a do sábado, mentres que na do peche da festa só intervén unha.
Por outra banda, o 13 de xuño, festividade oficial do San Antón de Padua, lévase a cabo o que os fregueses denominan “rogación”. O párroco, acompañado dun bo número de fregueses, percorre o campo situado ao carón da igrexa, rezando o rosario. Logo, aínda que non hai presencia física de animais, imparte unha bendición simbólica ó gando. A continuación, oficia unha misa.

* No barrio de Oural, pertencente a mesma parroquia, celébrase a festividade do San Xosé Obreiro, o segundo sábado e domingo do mes de maio. Acoden devotos do “Val de Lourenzᔠe de concellos limítrofes ofrecidos por doenzas humanas. Ó chegaren a capela, oen a misa solemne, participan na procesión e poñen o santo. O 19 de marzo, tamen, se oficia unha misa na capela deste barrio, adicada ó santo.

* En Canedo, outro barrio da mesma comunidade parroquial, festéxase, na segunda quincena de maio, a festividade da Virxen da O. Veñen devotos non só do concello de Lourenzá senón tamén doutros concellos limítrofes coa finalidade de pregar á Virxe polas súas doenzas. Participan nos diferentes rituais, que se levan a cabo na capela, como, a misa solemne, a procesión e a imposición do santo.

Parroquia de San Xurxo de Lourenzá
Coordenadas U.T.M.
X: 637.911 Y: 4.812.311.

* Na parroquia do San Xurxo, conmemórase o 23 de abril, a festividad do Santo Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (9)Patrón. Dende o punto de vista relixioso, oficiase unha misa solemne e, logo, sae a procesión que percorre o perímetro da igrexa parroquial. Á noitiña, unha orquestra ameniza unha verbena.

* Nesta mesma parroquia, o venres, sábado e domingo posteriores ó 2 de xullo, celebrase a festividade da Santa Isabel, para que non coincida coa Santa Isabel de Villamaior (Mondoñedo). Tanto o sábado como o domingo, os cregos da comarca ofician unha misa solemne e, logo, sacan a procesión ó redor da igrexa.
O venres, pola noite, faise unha churrascada para todos os veciños da parroquia e doutras comunidades. Logo, dúas orquestras encarganse de amenizar as verbenas do venres e sábado, mentres que na do domingo so participa unha.

* Por outra banda, no barrio do San Estevo, pertencente a esta parroquia, celébrase o 26 de decembro a festa deste santo, ó que acoden fieis de distintas freguesías do “Val de Lourenzᔠe de concellos limítrofes., ofrecidos por doenzas humanas.Toman parte nos diferentes rituais, que se realizan no recinto sacro, como, a misa rezada, a procesión, e “poñer o santo”.

* Con respecto as festas profanas, podemos distinguir a do “Domingo de Piñata”, que é o remate das festas do Entroido. Antano, esta festa quedaba reducida a “bailes de salón” ou dalgunha entidade social. Non embargantes, nesta vila, tentase sacar a festa ó exterior como queda reflectido no desfile de disfraces e charangas, que percorre varias rúas da localidade.

* Por outra banda, o 1 de maio, celébrase na vila de Lourenzá a entrada do bo tempo e o renacer da natureza. Esta celebración, de longa existencia no concello, consistía en que os nenos e nenas adoitaban vestir a un deles con flores, ramallos e xestas e, logo, percorrían as rúas da localidade pedindo o aguinaldo e cantando a copla do maio.
No que atinxe aos tradicionais ritos do ciclo anual, en Vilanova de Lourenzá sobresae hoxe en día, de novo, a celebración dos Maios, que exaltan a chegada do bo tempo e o renacer da natureza. Esta festa tiña noutrora fondas raiceiras no concello. Seguindo o modelo dos maios humanos, característicos do norte de Galicia, os nenos e nenas adoitaban vestir un rapaz con flores, ramallos e xestas, para percorreren con el as rúas da vila, pedindo o aguinaldo ao cantaren a copla do maio.
A partir do ano 1994, a festa acadou un novo pulo por iniciativa da asociación Merlín e mais o concello de Lourenzá, que incorporaron novos elementos á celebración, conseguindo así unha meirande participación da xente da vila.
No intre actual a conmemoración do maio está moi enraizada na localidade e nela toman parte as asociacións locais, os veciños e veciñas, que dende primeiras horas da mañá do día 1 de maio compoñen os elementos, que toman parte polas rúas da vila e que son.
1º. O Maio. Representación simbólica dun rapaz, que vai ornamentado con xestas e levado por rapaces.
2º. A Madalena. Representada por unha rapaza da vila ataviada con flores. É portada nun “carro moi enfeitado, tirado por un burro”.
3º. Os Arcos. Están decorados con flores e son levados por rapazas.
Ademais, hai unha serie de actividades complementarias, como, “A escenificación do baile do maio”, que corre a cargo da “Asociación Osorio Gutiérrez.
Por outra banda a copla do maio que se emprega neste evento é a seguinte:

“Aí ven o maio coas súas flores
aí ven a Madalena con outras mellores.
Levántate burro que tanto durmiche
que xa pasou o maio e ti non o viches”

Así mesmo, nesta festa danse certas actividades complementarias, como a execución do baile do maio, a cargo da asociación «Osorio Gutiérrez», e repártese o doce de maio coa colaboración dalgunha pastelería da vila.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES