Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entre a mofa e o abandono

lunes, 09 de marzo de 2020
A verdade é que o coronavirus dá para todo; para a troula e para a preocupación, para a mofa e para a seriedade... Os chistes que circulan polas redes sociais sobre os saúdos e as máscaras encherían tres ou catro programas de “O club da comedia”, por Entre a mofa e o abandonoexemplo. Eu mesmo podo facer bromas sobre as propias máscaras: pois sei que aínda as terei espalladas, esparexidas pola casa dos sogros de cando lle daba o sulfato á viña, e podía moi ben facer negocio con elas, vendelas a un bo prezo. É que ata hai chistes xa eróticos ou incluso pornográficos sobre o saúdo. Non obstante, a peste esta comeza xa a preocupar algo. Ou moito. Empezas a ler e a saber de corentenas en moitas partes xa do país, de suspensións de acontecementos de todas as índoles e principalmente desas excursións que a maioría dos colexios ofertan para os seus alumnados. As axencias de viaxe empezan a estar xa a velas vir porque as viaxes ó estranxeiro baixaron de forma alarmante. Estase a cancelar todo. Claro que, todo isto son nimiedades en comparación coas vítimas, que aumentan de tal maneira que o chiste, a mofa, a chanza vai ter que quedar aparcada por un tempo.

Entre a mofa e o abandonoTamén quedan aparcados por un tempo, ou deica o infinito e máis alá, os arranxos das rúas e parques e zonas e prazas da cidade de Ourense. Non hai un día que na sección titulada “O cronista local” deste xornal non asomen fotos sobre o abandono de practicamente todos os barrios da cidade, exceptuando, quizais, a zona centro; faltaría máis.

A min, agora mesmo, vénseme á cabeza esa rúa que baixa (a Rúa do Espeto, creo) desde o hotel San Rosendo ata a asociación Aixiña, na que hai que facer auténticos malabarismos co coche para evitar as fochancas ou case pozos existentes na mesma. Pero vaia polos arrabaldes que vaia, atopo un deixamento tal que non me quedou outra que botar as mans á cabeza cando o outro día, nunha desas presentacións de campañas políticas (ou sexa, nun mitin xa), o noso señor presidente da Xunta de Galicia seica declarou que Ourense mellorara. Se o di o noso Núñez Feijóo... Cando o río soa é que auga leva. Cando os amortecedores dos coches se queixan é que non hai fochancas, hai pozas xa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES